Cada galego consome 2.800 kg de áridos ao ano. Datos insólitos sobre a materia prima máis demandada tras a auga...

Para fabricar 100 quilos de azucre necesítanse 20 quilos de calcaria e unha tonelada de papel necesita 300 quilos de carga mineral.

Arigal reforza a súa marca co lanzamento dunha nova web que dá un maior protagonismo á divulgación sobre o sector

- O seu deseño máis visual e responsive facilita o contacto desde os dispositivos móbiles.
- Gaña un maior peso a información corporativa e sectorial, ademais da comunicación coa sociedade.

 

Arigal colabora coa Xunta de Galicia na xestión de áridos reciclados para fomentar a economía circular no sector

-  O obxectivo é optimizar a valorización das máis de 700.000 toneladas de residuos de construción e demolición xerados ao ano na comunidade.

-  Así o recolle un informe elaborado en colaboración coa Xunta de Galicia e a consultora Esmin Ingeniería.

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) colabora coa Xunta de Galicia na aposta pola xestión de áridos reciclados como fórmula para fomentar a economía circular no sector, tal e como se recolle nun estudo realizado en coordinación coa consultora Esmin Ingeniería.

Arigal e a Cámara Mineira asinan un convenio para o emprego de Atrazex no control de explosivos

  • José Lista e Juan de Dios Martín pechan o acordo que permitirá que os membros da institución empreguen a innovadora solución ideada polo colectivo de áridos
  • A ferramenta tecnolóxica, que controla a trazabilidade dos explosivos para garantir a seguridade civil, está a ser usada por máis de 300 canteiras de toda España

A Asociación Galega de Áridos (AGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) veñen de asinar un convenio para a xestión da trazabilidade de explosivos en canteiras e minas da comunidade a través do emprego da ferramenta informática Atrazex, ideada e desenvolta pola AGA. O presidente de AGA, José Lista, e o da COMG, Juan de Dios Martín, rubricaron o acordo, que permitirá que os membros desta entidade empreguen a innovadora solución, destinada a controlar os explosivos por medio das novas tecnoloxías para garantir a seguridade civil.

Arigal esixe o cambio do modelo produtivo para igualar o consumo de áridos ao europeo

  • O colectivo quere que as administracións promovan actuacións que eleven o consumo de áridos, situado en 2,25 toneladas por habitante ao ano, á media europea, de 5,10
  • A Asociación Galega de Áridos celebrará a súa asamblea o 29 de abril nun dos seus «peores momentos históricos» e reclamará a revitalización da licitación de obra pública

A Asociación Galega de Áridos (AGA) vai esixir, durante a súa asamblea anual, o cambio do actual modelo produtivo e económico para tratar de igualar o consumo de áridos, actualmente estancado, ás cifras medias de Europa. Neste senso, AGA revela que a media galega sitúase nunha cifra moi baixa, de apenas 2,25 toneladas por habitante ao ano, mentres que o índice europeo está en 5,10 toneladas por habitante ao ano.

O sector dos áridos solicita a revitalización da obra pública en Galicia para equiparar a súa produción á media europea

  • O colectivo pide ás administracións que promovan actuacións que eleven o consumo de áridos, situado en 2,25 toneladas por habitante ao ano, á media europea, de 5,10
  • A Asociación Galega de Áridos, que asumirá a presidencia da federación nacional, destaca o éxito de Atrazex, a súa ferramenta de xestión de explosivos, en toda España

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) solicita ás administracións a revitalización da obra pública, un cambio de modelo produtivo e o emprendemento de accións que impulsen o consumo de áridos ata alcanzar a media europea, xa que na actualidade o sector vese estancado ao contificar unha producción de 2,25 toneladas por habitante ao ano en Galicia fronte ás 5,10 de media no continente.

José Lista asume a presidencia da Federación de Áridos de España en representación de Arigal

  • O representante dos áridos galegos toma o testemuño ao fronte da FdA en substitución de Joaquim Magalló, pertencente ao colectivo do sector na Comunidade Valenciana
  • A Asociación Galega de Áridos valora o nomeamento como un recoñecemento ao traballo desenvolvido en Galicia, sobre todo nas áreas de innovación e medio ambiente

O presidente da Asociación Galega de Áridos (AGA), José Lista Tasende, que accedeu a este posto o pasado mes de xaneiro, redobrará as súas funcións institucionais no sector, xa que acaba de ser nomeado como máximo responsable da Federación de Áridos (FdA), que é a entidade que ostenta a principal representación no ramo en España ao estar integrada polo Gremi d´Àrids de Catalunya, a Asociación de Empresas de Áridos da Comunidade Valenciana (Arival), a Asociación Nacional de Empresarios Fabricantes de Áridos (Anefa) e o citado colectivo galego.

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal