- Por cada 50.000 galegos é necesaria unha canteira.
- En 2018 a produción de áridos galegos creceu nun millón de toneladas, indicativo do aumento de investimento en infraestrutura e obra pública.
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) celebrou este venres a súa Asemblea Xeral no Auditorio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. Durante o acto presentouse a memoria de actividades de ARIGAL 2018, que reflicte as cifras máis recentes deste sector que proveé á sociedade do segundo recurso máis consumido do mundo –só por detrás da auga- e cuxa produción é un indicador do desenvolvemento de Galicia.
No encontro, ao que acudiron representantes de 80 empresas galegas da industria dos áridos, participaron César Luaces, o director xeral de ANEFA (Asociación Nacional de Empresarios Fabricantes de Áridos); José Lista, presidente de Arigal; Ethel Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia; e Carlos Martínez, director de Arigal.
Martínez comezou a súa intervención destacando o aumento de produción de áridos en Galicia en 2018 con 9,60 millóns de toneladas, case un millón de toneladas máis que o ano anterior. Esta lixeira subida é un indicativo do aumento de investimento en infraestruturas e en obra pública, un dato en que o que tamén incidiu José Lista: “O árido é a base da construción de hospitais, portos, estruturas ferroviarias”. Lista tamén explicou a importancia dos áridos para unha transición ecolóxica efectiva: “As novas enerxías demandan novas infraestruturas creadas con áridos, como os muíños eólicos”.
A produción de áridos responde a unha demanda da sociedade, aspecto no que aínda nos atopamos á cola de Europa, onde a media do consumo de áridos por habitante é de 5 toneladas ao ano, mentres que en Galicia é de só 3 toneladas. A pesar de que a media galega está por encima da nacional, Martínez estima que estes datos son insuficientes: “Temos que ser Europa” e explicou que a Administración tamén ha de colaborar axilizando os procesos: “Non é normal que os trámites en materia de minas esténdanse ata 7 anos”.
Os relatores tamén sinalaron a necesidade de dar a coñecer o sector galego dos áridos ao resto do mundo, un obxectivo no que Arigal está a traballar conxuntamente co Igape mediante a creación dun catálogo de áridos galegos en catro idiomas para aumentar as exportacións internacionais deste produto que xa ocupa un lugar destacado dentro do tráfico portuario de Galicia desde 2017.
Este exercicio de comunicación tamén é necesario cos propios galegos, así José Lista explicou que aínda que por cada 50.000 galegos é necesaria unha canteira, a maioría da xente descoñece o traballo que leva a cabo nelas: “Este ano foi importante a creación da plataforma Minaría Sostible, para transparentar e dar a coñecer un sector fundamental para a sociedade. Trátase dunha marca que non só representa aos empresarios senón tamén aos traballadores e ás universidades”, indicou. Esta plataforma responde as necesidades de promover as boas prácticas da industria extractiva, unha industria que a Comisión Europea considera completamente compatible coa Rede Natura 2000.
Pola súa banda, Luaces destacou o éxito do V Congreso Nacional de Áridos, celebrado o ano pasado en Santiago, que tivo récord de asistencia e que constitúe un altavoz non só español, senón tamén internacional.
Os máis de 20 alumnos, que cursan 4º, 5º e 6º de Primaria, plantaron 30 bidueiros para rexenerar o manto vexetal das áreas xa restauradas da canteira de Prebetong Áridos. Ademais, puideron coñecer o proceso de produción dos áridos e a importancia dos minerais na súa vida cotiá.
O acto contou tamén coa presenza de representantes da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, así como da Cámara Oficial Mineira de Galicia e de Arigal.
A Asociación Galega de Áridos comenza a impartir os cursos de formación preventiva a desenrolar en Maio do 2019, financiados polas axudas do Ministerio para laTransición Ecológica á prevención de riscos e seguridade mineira, no ámbito da mineria sustentable, das actividades mineiras non enerxéticas.
DATAS, LUGARES E CURSOS que se impartirán según o disposto na ITC 02.1.02 «Formación preventiva para o desempeño do posto de traballo» :
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) completou esta mañá a doazón de 525 árbores de especies frondosas á Asociación Forestal Galega ( AFG).
Trátase dunha achega da organización do V Congreso Nacional de Áridos, celebrado en Santiago en outubro pasado. Naquela cita comprometeuse unha doazón para a recuperación de zonas afectadas por incendios, que a AFG destinou a repoboar un monte da localidade de Chan do Millo, en Ponteareas (Pontevedra) con carballos, castiñeiros e bidueiros autóctonos nunha superficie de case unha hectárea. A zona foi afectada moi gravemente polos incendios de outubro de 2017.
Ao acto desta mañá asistiron representantes de Arigal, da AFG, da Consellería do Medio Rural e da Cámara Mineira Oficial de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro do compromiso de responsabilidade social do sector dos áridos e da minería de Galicia coa protección do medioambiente e a biodiversidade.
Tal y como señala la exposición de motivos del Real Decreto-ley 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urgentes de protección social y de lucha contra la precariedad laboral en la jornada de trabajo, las reglas sobre limitación de la jornada laboral son uno de los elementos que están en el origen del Derecho del Trabajo. Estas reglas
se configuran como un elemento de protección de las personas trabajadoras y se aglutinan en torno al establecimiento legal de una jornada máxima de trabajo y su indisponibilidad para las partes del contrato de trabajo, al ser normas de derecho necesario.
Os camións volquete de bastidor ríxido e articulado sobre rodas deseñados expresamente para o seu uso en vías públicas e mini volquetes ríxidos e articulados, quedan excluídos do ámbito de ambas as Especificacións Técnicas. Soamente poderán realizar as mencionadas inspeccións unha Entidade colaboradora da administración no ámbito do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, ( ECA mineira), acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación – ENAC – e autorizada pola correspondente Dirección Xeral de Minas para actuar en todo o territorio nacional.
Esta é a información relativa aos puntos principais de inspección, tanto de volquetes, como de pás, recomendando que vaiades programando ditas inspeccións, para evitar atrasos a medida que se achegue a data.
Desde as nosas empresas adheridas, expoñenos a posibilidade de agrupar as inspeccións de maquinaria por data e localización xeográfica, para reducir dunha forma importante os custos das mesmas. Por iso, sen ningún tipo de compromiso, podeis contactar con eles o máis axiña posible, para poder ir planificando a campaña de inspeccións, e así poder optimizar ao máximo os custos das mesmas. As persoas de contacto son:
Empresa: SIMECAL
Persona de contacto: Angel Hermosa
687 817 317 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
MÁIS INFORMACIÓN DE INTERÉS (descarga resumen)
Nestes enlaces pódense descargar as Especificacións Técnicas de Inspección de volquetes de bastidor ríxido e bastidor articulado sobre rodas
La COMG presenta la marca “Minería Sostible de Galicia”, la marca que agrupa todas las acciones e iniciativas de promoción e divulgación do sector minero.
O acto será o próximo martes, 12 de febreiro, no Auditorio Cinc la Cidade da Cultura de Galicia, co seguinte programa:
12:15 horas: Recepción asistentes
12:30 horas: Apertura oficial
12:35 horas: Presentación iniciativas entidades e asociacións.
13:05 horas: Intervención Conselleiro de Economía e Industria, D. Francisco Conde
13:20 horas: Despedida e conclusións. Café.
Debido a importancia do evento, para o sector extractivo de Galicia, animamosvos a que asistádes, con el obxeto de poñer en valor os esforzos do sector los áridos,e o resto da actividade extractiva, nunha mellora de procesos continua, unha maior compatibilidade co medio, e a mellora das condicións de traballo nos centros extractivos de Galicia.
Para efectuar unha previsión do aforo necesario, rogamos que os inscribáides no seguinte enlace: INSCRÍBETE AQUÍ
- O ilustrador galego Manel Cráneo é o autor do deseños que teñen como protagonistas a dous habitantes destes ecosistemas, o camión dumper Lagartiño e a anduriña Roque.
- A entidade presentou a campaña de prevención de riscos laborais “Cero accidentes” en 40 explotacións de toda Galicia.
- Un vídeo documental recolle as opinións que diversos sectores sociais teñen sobre o sector nun exercicio de transparencia e responsabilidade social para mellorar a súa afección.
Arigal, a Asociación Galega de Áridos, presentou esta mañá en rolda de prensa o segundo cómic da entidade debuxado por Manel Cráneo (A Coruña, 1973), “Lagartiño e o futuro da canteira”, que ten como eixo condutor a recuperación da contorna natural unha vez acabada a actividade extractiva. Esta é a segunda ocasión na que o recoñecido ilustrador galego colabora con Arigal, tras a excelente acollida dun primeiro cómic en 2007 no que se abordaba a fabricación dos áridos. Ademais de estar colgado da web de Arigal, A nova tirada de 10.000 unidades, en idioma galego, utilizarase en labores de divulgación.
“En Galicia obtemos bos materiais e facémolo ben, de maneira sostible, polo que necesitamos achegar á sociedade a nosa tarefa. Con este traballo de divulgación marcamos unha diferenza no noso sector xa que comunicamos para todos e con cercanía”, sinalou José Lista, presidente de Arigal que estivo acompañado por Cráneo e por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta.
O protagonista desta publicación infantil volve ser o camión dumper Lagartiño –nas canteiras chámaselles “lagartos”, de aí o nome- que, coa axuda de Roque, unha pequena anduriña dos rochedos (avión zapador, en castelán), que habita neste ecosistema, entenderá os beneficios que trae consigo a reconversión ambiental do espazo para convertelo nunha área recreativa de gran valor natural.
Ao longo de 24 páxinas, as dúas personaxes forxan unha amizade que os leva pola contorna próxima para coñecer outros proxectos similares e comprobar de preto as variadas posibilidades económicas e sociais que ten a “segunda vida” das canteiras. Roque e Lagartiño visitan o Pazo da Ópera na Coruña, o futuro polígono industrial de Salvaterra de Miño (Pontevedra), ou as Areeiras da Limia en Ourense. Todos lugares dedicados hai anos á extracción de áridos.
Nesta viaxe construída arredor da temática ambiental, Lagartiño e os outros camións da canteira espantan os medos que lles supón a súa reconversión laboral e valoran as vantaxes da creación do novo hábitat tanto para os humanos como para a fauna.
Cabe salientar o éxito da primeiro número da serie de cómics de Lagartiño, publicado en 2007. Esta boa acollida permitiu a súa reedición mellorando textos e algúns retoques.
Vídeo documental
Precisamente, as opinións sobre a actividade extractiva –moitas veces feitas desde o descoñecemento ou os prexuizos- abórdanse no vídeo documental presentado tamén hoxe por Arigal. Así, entrevístase a representantes de varios colectivos sociais residentes nas proximidades dalgunha explotación mineira como os alcaldes de Silleda, Manuel Cuíña (Pontevedra), e Sandiás, Felipe Traveso (Ourense); o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González Prieto, un mestre de primaria e unha traballadora dun espazo coworking de Vigo.
O resultado foi un vídeo de 25 minutos que mostra os aspectos máis controvertidos para minorar a súa afección e melloralos. É, ao fin, un exercicio de transparencia e de responsabilidade social corporativa coa contorna e co propio sector.
Cero accidentes
O evento tamén foi aproveitado para dar a coñecer o novo plan prevención de riscos laborais no sector dos áridos de Galicia “Cero accidentes”. A pesar de ser unha actividade cunha baixa siniestralidade, como indican as estatísticas, “o único que contemplamos son accidentes 0. Con que só haxa un, xa é unha mala estatística”, recoñece Carlos Martínez Torres, director da Asociación Galega de Aridos.
Esta actuación consiste na elaboración e implantación dun manual para erradicar os accidentes nas canteiras galegas, na formación dos equipos directivos e do persoal técnico e na colocación de paneis de gran tamaño en 40 explotacións de pequeno e mediado tamaño de toda Galicia. Precisamente, desde Arigal destacan a boa acollida destes carteis entre os traballadores e a satisfacción persoal que senten por non contar un só percance laboral actualizando as cifras xa o primeiro día que recibiron o material.
Pola súa banda, a formación realízase ao mesmo tempo que a divulgación do manual. Nestes encontros, faise fincapé no rol de líderes que mandos superiores e intermedios deben asumir para que a plantilla se sinta motivada para interiorizar a nova política laboral.
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.
Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal