ASOCIACIÓN GALEGA DE ÁRIDOS (ARIGAL)

 
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial que foi constituída no ano 1999 para agrupar ás empresas galegas adicadas á transformación industrial, fabricación e comercialización de áridos. Na actualidade, este colectivo conta con 48 empresas asociadas, que desenvolven a súa actividade en 75 centros de traballo e que representan ao 93% do sector na comunidade. Ademais, tamén integra a outras 24 empresas adheridas, pertencentes a subsectores auxiliares, como o das voaduras ou o do transporte, por exemplo.

Arigal foi creada co obxectivo de apoiar aos empresarios en materias como a prevención de riscos laborais, o respecto polo medio ambiente, a capacitación técnica, o financiamento, a promoción dos áridos -especialmente no ámbito do ensino- e a cooperación, representatividade e interlocución ante as administracións. Hoxe en día, estes propósitos téñense superado amplamente e Arigal tamén é unha referenza en innovación, formación, internacionalización e seguridade laboral.

Tras anos de crecemento das canteiras galegas, os asociados de Arigal comezaron a experimentar a partires do ano 2006 os efectos da crise económica, que tivo especial incidencia nos sectores da construción e as infraestruturas, rexistrándose diferentes parámetros regresivos. Nembargantes, a resistencia dos empresarios, a súa visión de negocio e a aposta pola innovación, a minaría responsable e a recuperación ambiental de zonas degradadas permitiron volver rexistrar no ano 2015 novos datos de crecemento (arredor do 3,5%), así como a incorporación de novos afiliados.

Esta situación sofreu un inesperado estancamento en 2016, exercicio no que Arigal tomou a iniciativa de promover publicamente un cambio de modelo produtivo para equiparar o consumo de áridos á media europea -situado en 5 toneladas por habitante ao ano fronte ás pouco máis de 2 de Galicia- e que o mesmo se faga sostible e estable no tempo.
0
Son os empregos directos que xeran as 48 empresas asociadas a Arigal, que se complementan con outros 2.800 indirectos en diferentes sectores auxiliares
0
Esta é a cifra de millóns de toneladas de áridos producidos polas empresas asociadas a Arigal no exercicio de 2019, tras medrar máis un 6% respecto ao ano anterior

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal