Para fundamentar a súa demanda, Arigal, como representante dun dos principais subsectores mineiros galegos, lembra que a actividade extractiva en Galicia xenera o 1,08% do Produto Interior Bruto (PIB). Por outra banda, o sector dos áridos conta cunha gran importancia no desenvolvemento da comunidade, xa que fixa poboación no medio rural e produce unha materia prima esencial, a segunda máis empregada polos seres humanos despois da agua. Asemade, está presente dun xeito destacado no mercado nacional grazas a súa aposta pola innovación, coa ferramenta Atrazex, para a xestión da trazabilidade de explosivos.
AGA seguíu debullando o panorama dun sector que precisa de renovados apoios para non esmorecer, sinalando que o seu leve crecemento no 2015, malia os fortes efectos da crise, foi posible aumentando a eficiencia dos seus procesos produtivos. Tamén cabe salientar a mellora na seguridade laboral, xa que a sinistralidade, segundo datos do Observatorio de Seguridade Mineira, desenvolvido polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) e a Camara Mineira, mingou un 47% nos últimos anos.