Francisco Canosa presenta a Unidade Didáctica Xeoloxía de Galicia no Museo de Historia Natural da USC

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organizou o mércores 21 de xuño ás 18:30 horas no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela a presentación da Unidade Didáctica Xeoloxía de Galicia, de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía. Xunto con el, asistiron á presentación a vicepresidenta da Asociación de Amigos do MHN e directora do mesmo, María Isabel Fraga Vila, o director de Cuarzos Industriales e Ramsa, Rafael Fuentes e o director do proxecto, Roberto Almuíña.

Vendas, investimento, dirección e operacións: así son as 4 grandes sinerxias entre os áridos naturais e a xestión de RCD

Arigal presentou recentemente, en colaboración coa Xunta de Galicia, un estudo sobre as sinerxias entre a produción de áridos e o tratamento de RCDs. O informe concluíu que as vantaxes entre ambos sectores son de gran alcance, entre as que destacan a similitude do proceso produtivo, a posibilidade de distribuír os áridos reciclados conxuntamente cos naturais e outros usos diversos.

Arigal lanzará a finais de 2017 o primeiro Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) está impulsando novas medidas para fornecer a transparencia e a responsabilidad social do sector. Neste sentido, traballa nunha iniciativa innovadora que se materializará a finais de ano. Trátase do lanzamento do primeiro Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia, o “Arigal Virtual 360º”.

Arigal aposta pola responsabilidade social coa realización do primeiro Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia

- A Asociación Galega de Áridos anunciou está mañá a firma dun convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria coincidindo coa súa Asemblea Xeral.

- A plataforma online “Arigal Virtual 360º” mostrará a perfecta convivencia entre o medio e unha actividade extractiva sustentable e sostible.

- A ferramenta contará cun visor con foto esférica e aérea, vídeo de voo con dron e datos técnicos dos áridos de Galicia en aberto.

 

Arigal celebra a súa Asemblea Xeral o 19 de maio co lema “Novos retos, novos camiños”

O próximo 19 de maio de 2017, a Asociación Galega de Áridos (ARIGAL), celebrará a súa Asemblea Xeral, na que se presentará un resumo das principais actividades desenvolvidas en 2016 e as liñas de traballo para o exercicio 2017.

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal