PNDS2021 Premios Nacionais Federación de Áridos Desenvolvemento Sostible en Canteiras e Graveiras

A industria extractiva dos áridos está a realizar un importante esforzo por aplicar os principios e conceptos básicos do desenvolvemento sostible nas súas empresas (explotacións mineiras ao descuberto,plantas de tratamento, etc.)

Os Premios Nacionais FDA de Desenvolvemento Sostible en Canteiras e Graveras da Federación de Áridos, da que ARIGAL é membro, teñen como obxectivo promover unha correcta xestión dos aspectos que integran o desenvolvemento sostible –medio ambiente, social (incluíndo a prevención de riscos laborais) e economía, sen esquecer a conservación da biodiversidade- nas diferentes etapas do proceso de produción de áridos e fomentar, entre as Empresas Membro e Empresas Membro Adherido das Asociacións que integran a FDA, o compromiso coa contorna social e coas xeracións futuras.


Bases da Convocatoria

O VI Congreso Nacional de Áridos celebrarase do 26 ao 28 de maio de 2021 en Oviedo

•    A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía de Madrid acolleu a primeira reunión dos comités do congreso

•    A pasada edición do congreso, celebrada en 2018 en Santiago de Compostela, reuniu a máis de 800 persoas


Madrid, 13 de febreiro de 2020.- Esta mañá, na Escola Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía de Madrid, reuníronse os diferentes comités – organizador, científico e de medios de comunicación – para expoñer os traballos iniciais e o plan de preparación da VI edición do Congreso Nacional de Áridos, que se celebrará do 26 ao 28 de maio de 2021 no Palacio de Exposicións e Congresos de Oviedo. A esta reunión asistiu a directora xeral de Enerxía, Minería e Reactivación do Principado de Asturias, María  Belarmina Díaz Augado, quen asegurou o apoio que o goberno do Principado de Asturias ofrece para que “este evento sexa todo un éxito e unha gran oportunidade para o sector”. Tamén se conta co apoio decidido do Concello de Oviedo.

Proximamente, celebrarase formalmente, en Oviedo, a rolda de prensa de presentación da VI edición do Congreso Nacional de Áridos.

O VI Congreso está a orientarse como un foro da máxima actualidade, dirixido fundamentalmente a empresarios, profesionais - científicos e técnicos -, relacionados co sector dos áridos, onde poidan resaltarse as liñas mestras de futuro para esta industria extractiva básica para a sociedade. As áreas temáticas que se incluirán no Congreso recollerán todos os ámbitos de actividade relacionados co sector dos áridos, desde as etapas previas ao comezo dunha nova explotación ata os produtos para a construción aos que se destinan.

Tras o éxito dos congresos celebrados en Zaragoza, Valencia, Cáceres, Madrid e Santiago de Compostela en 2006, 2009, 2012, 2015 e 2018 respectivamente, coa asistencia de preto de 800 Congresistas en cada ocasión, a participación de preto de 60 expositores comerciais, e cun elevado número de relatorios e comunicacións presentadas, mantense a periodicidade  trienal desta iniciativa, para dar un impulso ao sector extractivo dos áridos achegándoo, cada vez máis, aos criterios que conforman o marco do desenvolvemento sostible dunha actividade moderna e necesaria para a sociedade.



 

XIII Edición do Día dos Árboles, e os Áridos e a Biodiversidade: 26 de marzo do 2020

O  XIII Día das Árbores, os Áridos e a Biodiversidade, que se celebrará o xoves 26 de abril de 2020, é unha iniciativa das empresas fabricantes de áridos, agrupadas en  ARIGAL en Galicia., así como o resto de Asociacións membro da Federación de Áridos,  que participan activamente no evento. O evento, de gran repercusión en pasadas edicións, ten por obxectivo fundamental a promoción da nosa actividade, favorecer o achegamento á sociedade e inculcar aos nenos a responsabilidade na reforestación das nosas paisaxes e por extensión, a súa contribución para mellorar a biodiversidade dos nosos ecosistemas.


Ademais, esta acción intégrase dentro da campaña europea de portas abertas  European  Minerals  Day.


Animamos ás empresas para formar parte desta iniciativa, polo que se estás interesado en participar coa túa explotación, ponche en contacto connosco.


O VI Congreso Nacional de Áridos celebraráse en Oviedo en Maio do 2021

Na última reunión da Xunta Directiva de 2019, a Federación de Áridos aceptou a proposta de ANEFA e a Asociación de Fabricantes de Áridos do Principado de Asturias de celebrar, en Oviedo (Asturias) o VI Congreso Nacional de Áridos, en maio de 2021.

O Palacio de Exposicións e Congresos de Oviedo, deseñado por Santiago Calatrava, é unha excelente e moderna sede para a celebración do evento, que terá lugar na semana do 24 ao 28 de maio de 2021.

Entre outras autoridades, xa se enviaron cartas solicitando reunións e anunciando o evento á Alfredo  Canteli Fernández, alcalde do Concello de Oviedo, así como a Adrián  Barbón Rodríguez, presidente do Principado de Asturias, a Juan  Cofiño González, vicepresidente e conselleiro de infraestruturas, Medio Ambiente e Cambio Climá tico, a Enrique Fernández Rodríguez, conselleiro de Industria, Emprego e Promoción Económica e a María  Belarmina Díaz Augado, directora xeral de  Energía,  Minería e  Reactivació n.

Actualmente estase traballando intensamente nos pasos iniciais da organización e, moi proximamente, organizarase a reunión dos Comité Organizador e Científico do Congreso.

Oviedo e o Principado de Asturias son unha elección que permitirá realizar un magnífico Congreso que será todo un éxito, como os anteriores.

As canteiras galegas protexen o corazón dos seus profesionais

      O sector dos áridos instalará 40 puntos de rescate nas súas canteiras e graveiras, con desfibriladores semiautomáticos para protexer a máis de 1.500 traballadores

Durante os meses de outubro e novembro de 2019 Arigal instalará 40 puntos de rescate nos seus centros extractivos para convertelos en Espazos Cardioprotexidos. Cada punto inclúe un desfibrilador semiautomático, os elementos necesarios para unha reanimación e a formación dos traballadores dos centros extractivos onde se instale.

Un Espazo Cardioprotegido é aquel que conta con desfibriladores externos semiautomáticos de fácil acceso para os primeiros intervenientes, para lograr a desfibrilación antes de que transcorra o tempo máximo recomendable desde que ocorre o paro cardíaco.

A iniciativa de Arigal ten a finalidade de converter en Espazos Cardioprotexidos os centros de traballo dos áridos, formar ós seus traballadores, así como concienciar a todo o sector mineiro, traballadores, directivos e sociedade en xeral da saúde cardiovascular.

Segundo os últimos estudios no eido mineiro galego, e máis concretamente no sector dos áridos, o 15% dos máis de 3.000 traballadores directos e indirectos teñen unha idade de máis de 55 anos. Este é un factor de risco importante nos accidentes cardiovasculares, a principal causa de morte en todo o mundo segundo a Organización Mundial da Saúde.

Ata agora só sete centros de traballo do sector dos áridos galegos dispoñen deste tipo de equipos. Todos nas empresas de maior tamaño, con políticas de seguridade implantadas, tales coma OSHAS, ou a nova ISO 45001. Con esta iniciativa Arigal pretende transferir a experiencia destes centros de grandes empresas, a o resto dos centros de traballo do sector, formado fundamentalmente por Pemes.   

Compromiso coa seguridade laboral. Arigal continúa coa sua liña de millora das condicions de traballo e saude dos traballadores, desenvolvendo unha segunda campaña de  implementación de políticas de cero accidentes no sector, así como a colocación de grandes carteis de exterior para promover esta política e a formación de equipos de xestión e persoal técnico para lograr o obxectivo.

Qué é Arigal. A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1999 que agrupa a aquelas empresas galegas que desempeñan a súa actividade dentro do sector dos áridos, e que se dedican á transformación industrial, fabricación e comercialización de áridos. Arigal conta actualmente con 50 empresas asociadas, representando máis do 94% do sector, e 28 adheridas. Entre todas teñen en funcionamento 70 canteiras e graveiras distribuídas de forma uniforme nas catro provincias, xa que están presentes en máis de 90 concellos de Galicia.

PROGRAMA "A REVISTA" TVG

Noticia no xornal LA VOZ DE GALICIA

ERIMSA RECIBE DOUS NOVOS PREMIOS EUROPEOS NO ÁMBITO DAS BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS E A SEGURIDADE EN SENDOS PROXECTOS MINEIROS DE GALICIA

        A Asociación Europea de Áridos –  UEPG  outorgoulle en Bruxelas dous 1º s Premios:

         -  Categoría  Medio Ambiente: zona de traballo restaurada na comarca de Ordes
         -  Saúde e Seguridade Laboral: centro de produción de Castelo (Pontevedra)
 
Erimsa logra de novo o respaldo aos seus proxectos en Galicia nos Premios Europeos de Desenvolvemento Sustentable da  UEPG, que foron entregados en Bruxelas. A compañía recibiu senllos 1º s Premios en dúas categorías e áreas de traballo diferentes: boas prácticas ambientais na comarca de Ordes e saúde e seguridade laboral en Castelo (provincia de Pontevedra).

As dúas candidaturas formaban parte dun total de 53 correspondentes a compañías de 13 países. O obxectivo destes premios convocados pola Asociación Europea de Áridos –  UEPG é mostrar e recoñecer publicamente o compromiso deste sector industrial co desenvolvemento sustentable e os altos estándares de excelencia que se perseguen para a preservación da contorna natural, implementando boas prácticas ambientais, a seguridade e saúde na contorna laboral, o compromiso social, a contribución económica, a comunicación e a biodiversidade. En ambos os casos, a empresa levou os máximos galardóns.

Foi a propia Federación Española de Áridos, que previamente premiara a  Erimsa por estes dous proxectos, a que presentou as candidaturas en Bruxelas. A FDA é a máis representativa do sector xa que aglutina a preto de 700 compañías nacionais e internacionais e a 1.100 explotacións de áridos en España

Ambos os galardóns supoñen un importante respaldo á minería moderna e sustentable que pon en práctica a compañía, na que destaca o método de  cribado de terreo que se aplica na comarca de Ordes desde fai máis de trinta anos sen ningún tipo de incidencia. Este sistema permite compaxinar o labor da empresa coas actividades económicas tradicionais da zona: agrícola, gandeira e forestal.

O  labor de  Erimsa execútase en paralelo á restauración dos terreos. O primeiro paso é a roza da vexetación, escavación, e simultaneamente, provisión temporal desta materia.  A continuación, a extracción e o  cribado do cuarzo. Finalmente, énchese o oco de explotación, esténdese a terra vexetal e recupérase o uso habitual.  A empresa renuncia expresamente ao seu dereito de expropiación e sempre traballa en réxime de aluguer pactando previamente as condicións económicas cos propietarios.

Erimsa conta con catro centros de produción en Galicia e Castela e León, onde traballa coa filosofía de Accidentes 0. Unha premisa que lle levou a obter o 1º Premio na categoría de saúde e seguridade laboral por unha medida implementada en Castelo (provincia de Pontevedra).  Esta acción tiña como obxectivo erradicar a emisión de po de  sílice en beneficio do equipo humano. Un fin que conseguiu e  que foi merecedor o recoñecemento en Bruxelas.

A compañía executa todas as súas operacións coa meta de minimizar o seu impacto no  medioambiente e proporcionar a máxima seguridade e saúde na contorna laboral. Para iso, conta cun protocolo de actuación interno, no que están fixados exhaustivos procedementos, que son  auditados  externamente, asegurando o cumprimento tanto da lexislación vixente como da política preventiva en aras de lograr o seu obxectivo de Accidentes 0.

 

Noticia no xornal EL CORREO GALLEGO

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 74 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2019 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 51,2 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal