O sector dos áridos solicita a revitalización da obra pública en Galicia para equiparar a súa produción á media europea

O sector dos áridos solicita a revitalización da obra pública en Galicia para equiparar a súa produción á media europea

  • O colectivo pide ás administracións que promovan actuacións que eleven o consumo de áridos, situado en 2,25 toneladas por habitante ao ano, á media europea, de 5,10
  • A Asociación Galega de Áridos, que asumirá a presidencia da federación nacional, destaca o éxito de Atrazex, a súa ferramenta de xestión de explosivos, en toda España

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) solicita ás administracións a revitalización da obra pública, un cambio de modelo produtivo e o emprendemento de accións que impulsen o consumo de áridos ata alcanzar a media europea, xa que na actualidade o sector vese estancado ao contificar unha producción de 2,25 toneladas por habitante ao ano en Galicia fronte ás 5,10 de media no continente.

 

O presidente de Arigal, José Lista, explicou que, tras o lixeiro repunte de empregos e producción de 2015, o sector atópase «estancado neste comezo de ano cunhas cifras negativas non vistas hai anos» e considera que deben desenvolverse plans e iniciativas socioeconómicas que permitan «subir a media de consumo de áridos e tentar que se manteña estable no tempo para que o sector sexa sostible». Neste senso, e contando co respaldo da Asamblea Xeral celebrada no Hotel Puerta del Camino, que acolleu a máis de 80 persoas, lembrou a importancia dos áridos e da súa produción responsable para favorecer o desenvolvemento da sociedade coa construción de estradas, infraestruturas, hospitais, colexios e vivendas, entre outros.

 

Asimesmo, e tras revelar que AGA vai asumir por vez primeira a presidencia da Federación de Áridos (FdA), na que participan todos os colectivos de España, Lista quixo destacar o éxito obtido con Atrazex, a súa ferramenta de xestión de explosivos, que foi deseñada pola propia asociación e que xa se estendeu a máis de 300 canteiras de España, a metade do mercado existente, pola súa funcionalidade.

 

Finalmente, agradeceu o traballo do seu predecesor, Manuel Cortés, e da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), convidando aos presentes a prestarlle o seu apoio pola gran labor que está a facer a prol do desenvolvemento do sector.

 

«Investir o orzamentado»

A asamblea contou coa presenza da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que calificou o ano 2015 como «un punto de inflexión tras anos de contración» e cre que o futuro «pode afrontarse con ánimo renovado e moderado optimismo». Louvou o proxecto de AGA pola súa «solidez» e lembrou que o sector dos áridos «traballa unicamente para as persoas» antes de destacar a mellora da situación económica e o orzamento «expansivo» da Xunta para 2016. Por último, e tras defender o bo nivel de investimentos realizado pola Xunta neste inicio de ano, admitíu que sempre lle di ao seu equipo que «o que está orzamentado hai que executalo e investilo» e amosouse confiada en que haberá un incremento da licitación de obra pública, tal e como reclama o sector dos áridos.

Tamén estiveron presentes o presidente da CEG, Antonio Dieter; a directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé; e o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, que defendeu a minería como actividade de progreso e quixo poñer en valor estes materiais como «recurso de utilidade pública».

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal