As reunións desenvolvéronse no Parlamento Europeo, este martes.
Na reunión participaron 6 eurodeputados españois, dos diferentes grupos parlamentaruios.
Unha representación da Asociación Galega de Áridos ( Arigal) desprazouse ata Bruxelas, co obxecto de desenvolver varias reunións cos representantes españois nas institucións europeas.
Así, esta mañá reuníronse cos eurodeputados Nicolás Gonzalez Casares (PSOE), Izaskun Bilbao Bandarica (PNV), Pilar del Castillo (PP) e Hermman Terstch ( VOX), e tras unha breve presentación do sector extractivo, detalláronse as actuais problemáticas do sector, como a inseguridade xurídica, os eternos prazos de tramitación (un prazo medio de 7 anos), a dificultade de acceso ao recurso, entre outros.
Tras un produtivo debate, tanto a eurodeputada Pilar del Castillo como Izaskun Bilbao Bandarica. emprazaron aos representantes do sector á elaboración dun informe detallado das dificultades crave sobre as que se pode actuar desde a UE, destacando a posibilidade de consultar á Comisión Europea sobre as diverxencias na transposición das Directivas Europeas á directiva nacional, así como os graves problemas de actividades ilegais, que prexudican enormente ao sector, tanto desde un punto de vista económico, como desde o punto de vista reputacional e de imaxe.
Esta misión empresarial, englobada nunha misión sectorial nacional, continúa coas accións de internacionalización dos áridos galegos, dentro do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios do IGAPE, onde se establecen múltiples contactos empresariais para presentar as posibilidades de exportación dos áridos galegos, grazas á súa calidade, e as instalacións loxísticas existentes.
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) proxecta o seu documental Que sabes dos áridos? en colaboración co concello de Meis.
A proxección acompañarase dun coloquio posterior no que participarán Marta Giráldez, alcaldesa de Meis, traballadores das canteiras e membros da Comunidade de Montes Santa María de Paradela (Meis); onde se tratará o futuro da industria e a súa integración na contorna rural galega.
O obxectivo do documental é mostrar a realidade do sector dos áridos, que proporciona á sociedade o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego (2.800 postos de traballo en 2018) e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia cunha produción anual de 48 millóns de euros. Trátase ademais dunha industria en pleno proceso de expansión que nos últimos anos conseguiu posicionar estes produtos galegos en mercados internacionais.
Tras un ano de investigación para valorar o coñecemento que ten a sociedade galega sobre os áridos, Arigal realizou entrevistas a persoas alleas do sector e a axentes sociais coñecedores da actividade para gravar este documental en 2018, e así afondar nesta industria e no seu papel no desenvolvemento.
CONVOCATORIA
• Data: 14 de novembro
• Hora de inicio: 20:00 horas
• Lugar: Auditorio Multiusos
Unha xornada diferente e interesante cos dos grupos de 4º de primaria do CEIP San Francisco Javier, de A Coruña, onde charlamos un rato sobre a importancia das materias primas, entre elas os áridos, e rematamos pasando unha rato divertido facando todos probetas de formigón. Graciaslos docentes, especialmente Ángel e Eva, por darnos tantas facilidades, e ós 50 nenos por facernos pasar una mañá tan divertida. #MineríaSostenibledeGalicia
• Os veciños de Melide debateron sobre o papel dos áridos no seu concello, nun acto no que participaron o alcalde, José Manuel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas.
• O documental fai visible unha industria que produce o segundo recurso máis consumido do mundo e que dá emprego a 2.800 galegos.
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) vén de iniciar o ciclo de presentacións do seu documental Que sabes dos áridos?, unha peza divulgativa cuxo obxectivo é mostrar a importancia do sector dos áridos e a súa repercusión nos concellos nos que se asentan as súas explotacións.
A primeira parada do ciclo de proxeccións foi Melide, un concello que conta con dúas canteiras que producen áridos de grande calidade, apreciados para usos como o alabastro das vías do AVE.
O documental permitiu aos veciños de Melide achegarse á realidade do sector dos áridos, que proporciona á sociedade o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego (2.800 postos de traballo en 2018) e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia cunha produción anual de 48 millóns de euros.
Co obxectivo de afondar nas impresións provocadas polo documental, tras a proxección levouse a cabo un coloquio no que participaron os veciños de Melide; o alcalde, José Manuel Pérez; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas; os traballadores das canteiras; e Javier González, enxeñeiro de minas e encargado da presentación do documental.
González destacou a importancia deste sector para a fixación de poboación e a creación de emprego en concellos onde apenas hai cabida para o sector industrial. Tamén fixo fincapé nas leis que rexen a minaría actual, que non son as mesmas que hai 20 anos cando non existía sensibilización ambiental. “Agora o trámite de apertura dunha explotación de áridos pode chegar ata os 8 anos”, declarou.
Pola súa parte, o alcalde mostrou o seu apoio a esta iniciativa de divulgación, incidindo en que “fai falla escoitar a todos os sectores” e en que “non se pode dicir un ‘non’ per se, senón que hai que informarse antes de ter unha valoración positiva ou negativa da minaría”. Pérez tamén salientou a importancia dos áridos na construción e no desenvolvemento de calquera comunidade. “Se eu quero construír unha pista, a materia prima ten que saír dalgún lado”, afirmou.
As próximas citas da proxección do documental serán en Baralla (Lugo) o 7 de novembro e en Meis (Pontevedra) o 14 de novembro.
Arigal presenta o seu documental Que sabes dos áridos? en colaboración cos concellos de Melide, Laracha, Meis e Baralla. A proxección acompañarase dun coloquio posterior no que que se tratará o futuro da industria e a súa integración na contorna rural galega.
O obxectivo da reportaxe é mostrar a realidade do sector mineiro, que proporciona á sociedade o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia.
Tras un ano de investigación para valorar o coñecemento que ten a sociedade galega sobre os áridos, Arigal realizou entrevistas a persoas alleas do sector e a axentes sociais coñecedoras da actividade para gravar este documental en 2018, e así afondar nesta industria e o seu papel na sociedade.
O primeiro concello que acollerá esta xornada será o de Melide, o vindeiro 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala de conferencias do Edificio Multiusos. Tras a proxección do documental, terá lugar un coloquio para tratar a realidade desta industria e a súa integración na zona. Á proxección e posterior coloquio asistirán o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e representantes da Asociación de Troiteiros Rio Furelos e da Asociación cultural veciñal Melidá.
O documental tamén se presentará nos concellos de A Laracha, Meis e Baralla nas próximas semanas.
A Confederación Española de Industrias Extractivas de Rocas e Minerais Industriais ( COMINROC) e a Confederación Nacional de Empresarios da Minería e da Metalurgia ( CONFEDEM) crean esta nova sociedade
A Confederación Española de Industrias Extractivas de Rocas e Minerais Industriais – COMINROC e a Confederación Nacional de Empresarios da Minería e da Metalurgia- CONFEDEM formalizaron esta tarde a constitución da Confederación Española das Industrias das Materias Primas Minerais – PRIMIGEA.
Javier Targhetta Roza, conselleiro delegado de Atlantic Copper foi elixido como primeiro presidente da Confederación. Estará acompañado por Rafael González Gil – García, director de Desenvolvemento Mineiro de TOLSA, en calidade de vicepresidente; Vicente Gutiérrez Peinador, director xeral de CONFEDEM como secretario xeral; e por César Luaces Frades, secretario xeral técnico de COMINROC, coas funcións de director xeral.
Esta nova Confederación exercerá a representación de todos os sectores das industrias das materias primas minerais: Arcillas, Áridos, Areas Silíceas, Cales, Cementos, Magnesitas, Metalurgia, Mineralurgia, Minerais Enerxéticos, Minerais Industriais, Minerais Metálicos, Lousas, Roca Ornamental e Xesos, ante institucións, entidades públicas, privadas e administracións, tanto no ámbito nacional como internacional.
Entre os seus obxectivos atópanse, a defensa e promoción dos intereses dos seus membros en relación cos campos da extracción, produción, distribución e promoción dos recursos naturais explotados; no tratamento e elaboración para obter materias primas minerais útiles para a sociedade; a reciclaxe e a reutilización dos seus residuos; a rehabilitación de explotacións; e o desenvolvemento tecnolóxico da industria, co apoio dos fabricantes e subministradores a maquinaria, enerxía, servizos e equipamento para as empresas.
Unha industria á vangarda da sustentabilidade
PRIMIGEA nace para promover o acceso dos sectores industrial, enerxético, da construción e obras públicas en España ás materias primas minerais necesarias para as súas respectivas actividades. Tal acceso inclúe, tanto a exploración e explotación de recursos minerais en España, como o desenvolvemento de proxectos de Economía Circular, como, así mesmo, a contribución ao libre comercio internacional de maneira que, aquelas materias primas que non poidan ser obtidas en España nin por explotación mineira nin por reciclaxe, si o poidan ser pola vía comercial importándoas doutras zonas do mundo. Esta é tamén unha prioridade da Unión Europea nas súas axendas de actuación dos últimos anos.
Neste sentido, PRIMIGEA impulsará proxectos relacionados co desenvolvemento sustentable do sector, mediante a mellora técnica e a aplicación de boas prácticas en calidade de produción e de produto, medio ambiente, seguridade e saúde no traballo.
Nese contexto, a nova Confederación traballará para seguir profundando nunha Industria das Materias Primas Minerais Sustentables, moderna, avanzada medioambientalmente, que permita poñerse á cabeza da loita contra o cambio climático e da descarbonización da economía, servir de panca para a transición xusta, colocala á vangarda da rehabilitación das explotacións e da xestión da biodiversidade e coadyuvar á consecución dos obxectivos da economía circular reforzando, así, as accións nas estas industrias levan décadas progresando.
Todo iso, de forma congruente coas políticas da UE e, en particular, coa Iniciativa de materias primas para facer fronte ás necesidades dos cidadáns a curto, medio e longo prazo, impulsando as empresas 4.0, eficientes, sustentables e con criterios avanzados de gobernanza, para manter a actividade industrial e a cohesión territorial na España baleira, mellorando o acceso aos recursos para reducir, así mesmo, a dependencia de materias primas minerais, especialmente os procedentes de zonas de conflito ou producidos, en terceiros países sen respecto aos dereitos humanos, o medio ambiente e a seguridade e saúde.
Riqueza e emprego
Estas industrias xogan un papel crave como provedores de sectores tan importantes como a : metalurgia e siderurgia, a industria transformadora como automóbiles, electrónica, industria química, xeración, transporte e almacenamento de enerxía, cemento, cales, xesos, cerámica, formigón, morteiro, ladrillos, vidro, rocas ornamentais, áridos, fertilizantes e outros materiais para a construción, para a alimentación e para o medio ambiente. Neste sentido, o Ditame do Comité Económico e Social Europeo sobre «A minería non enerxética en Europa» (2009/ C 27/19) di que o 70 % da industria europea depende directa ou indirectamente das actividades da industria de Materias Primas Minerais.
En conxunto, as preto de 2.500 empresas destas industrias e as súas preto de 3.000 explotacións mineiras xeran 221.500 postos de traballo directos, segundo os datos da Estatística Mineira de España e do INE e preto de 600.000 se incluímos os indirectos e os inducidos.
Esta industria abastece, entre outros, o sector da construción, con 1.281.400 traballadores rexistrados e os sectores de enerxía eléctrica (en particular a renovable), produtos metálicos, ferro, aceiro, ferroaleaciones, industria química, etc., cuxo valor de produción é superior aos 50.000 M€., e emprega a outros 583.500 traballadores, cuxa competitividade e capacidade de xerar riqueza e de contribuír ao equilibrio da balanza comercial depende da subministración de materias primas desde xacementos nacionais.
A industria de materias primas minerais é un sector estratéxico, absolutamente imprescindible para o desenvolvemento da actividade económica de España, poñendo en valor máis de 120 tipos diferentes de rocas e minerais.
Do anterior, resulta evidente que España require dunha adecuada política de materias primas para poder converxer co obxectivo da UE de que o 20% do PIB proceda da industria.
O pasado xoves, 19 de setembro, no marco incomparable do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela desenvolveuse a VI xornada de RSE organizada por ARIGAL, que nesta edición versou ao redor da figura da Dirección Facultativa. Esta figura é vital para o sector extractivo, e forma parte das súas especificidades como sector.
A apertura da xornada correu a cargo do presidente de Arigal, José Lista, e o Director Xeral de Enerxía e Minas, Don Angel Bernardo Tahoces, o cal na súa intervención de apertura, moi aplaudida polos 70 asistentes, xa desgranou os principais puntos a desenvolver ao longo da mañá, derivados da próxima aprobación da ITC de Dirección Facultativa.
Tras a apertura, os catro relatores:
• D. Juan Ricoy Alonso, Representante Colexio Enxeñeiros Minas do Noroeste, realizou unha exposición das principais novidades da futura ITC de Dirección Facultativa, a cal está pendente dos últimos trámites para a súa aprobación.
• D. A. Lucas Garcia Blanes, do Servizo de Minas de Ourense, detallou un traballo realizado no Servizo de Minas de Ourense, de como se debe desenvolver un Documento de Seguridade e Saúde, segundo a norma existente, por ser a ferramenta principal da actividade preventiva na empresa.
• D. Juan Carlos Morán do Pozo, Decano Colexio Enxeñeiros Técnicos Minas de Galicia, puxo encima da mesa os problemas actuais dos profesionais que exercen a Dirección Facultativa, desde o punto de vista do técnico de Minas, en base á experiencia dos seus colexiados.
• D. Ismael Guarner Peralta, Xefe Área Seguridade Mineira. Subdirección Xrl. Minas. MITECO, efectuou unha presentación eminentemente práctica de que é o que se espera dunha Dirección Facultativa por parte da administración central.
Tras un café cortesía de Ibersys, colaborador habitual de ARIGAL, desenvolveuse unha interesante mesa de debate, moderada polo Asesor xurídico de Arigal, Don Julio Cesar Valle, e que contou coa participación dos anteriores relatores e un representante da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.
O vindeiro 19 de Setembro do 2019 a Asociación Galega de Áridos- ARIGAL, celebra a VI Xornada Responsabilidade Empresarial na Seguridade é Sáude Laboral no sector dos Áridos, baixo o título " O Director Facultativo", no pazo de San Roque en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas.
PROGRAMA
10.30 | APERTURA DA XORNADA
D. José Lista Tasende | Presidente ARIGAL
D. Ángel Bernardo Tahoces | Director Xeral Enerxía e Minas da Xunta de Galicia
10.45 | INICIO DA XORNADA
- BORRADOR NOVA ITC: ”DIRECCIÓN FACULTATIVA E PERSONA RESPONSABLE”
D. Juan Ricoy Alonso | Representante Colegio Ingenieros Minas del Noroeste
- “COORDINACIÓN DE LA LEY PRL, RGNBSM Y DIRECTIVAS EUROPEAS”
D. A. Lucas García Blanes | I.T. Minas do Servicio de Enerxía e Minas Ourense. CEEI
- “DISFUNCIÓNS DO ACTUAL MODELO DE DIRECCIÓN FACULTATIVA”
D. Juan Carlos Morán del Pozo | Decano Colegio Ingenieros Técnicos Minas de Galicia
- “¿QUÉ É UN DIRECTOR FACULTATIVO?”
D. Ismael Guarner Peralta | Jefe Área Seguridad Minera. Subdirección Gral. Minas. MITECO
12.00 | PAUSA CAFÉ
12.30 | CONTINUACIÓN DA XORNADA
- MESA REDONDA
D. Ismael Guarner Peralta | Jefe Área Seguridad Minera. Subdirección Gral. Minas. MITECO
D. Diego López González | Director Cámara Oficial Mineira de Galicia
D. Juan Carlos Morán del Pozo | Decano Colegio Ingenieros Técnicos Minas de Galicia
D. Juan Ricoy Alonso | Representante Colegio Ingenieros Minas del Noroeste
D. Juan José Iglesias Suárez | Representante Dirección Xeral Enerxía e Minas. CEEI
MODERA | D. Julio César Valle Feijóo | Asexor Xurídico ARIGAL
13.30 | CLAUSURA DA XORNADA
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.
Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal