OS ÁRIDOS, A SEGUNDA MATERIA MÁIS CONSUMIDA DO MUNDO
A EXTRACCIÓN DOS ÁRIDOS
- Canteiras: son as explotacións onde a pedra é compacta e para extraela é necesario o uso de explosivos, mediante voaduras. Posteriormente, este material é triturado e clasificado en función das necesidades.
-
Graveiras: son as explotacións de depósitos de sedimentos, areas e gravas procedentes de depósitos aluviais. Como os materiais están soltos e non son compactos empréganse equipos de arranque mecánico, que extraen a pedra directamente do xacemento para a súa posterior clasificación en varios tamaños e composicións.
TIPOLOXÍAS DE ÁRIDOS
Áridos naturais
Áridos de trituración
Áridos lixeiros
Áridos artificiais
Áridos reciclados
Materiais de préstamo
Materiais de dique
- Granitos
- Diabasas
- Gabros
- Anfibolitas
- Ortogneises
- Esquistos
- Cuarcitas e cuarzo filoniano
- Areniscas
- Calcarias
APLICACIÓNS DOS ÁRIDOS
- Áridos para estradas
- Formigóns e morteiros
- Balastro de ferrocarril
- Diques
- Materiais de préstamo
RESTAURACIÓN DA CONTORNA
As posibilidades de restauración dos espazos explotados son moi diversas e dependen das necesidades e condicións de cada un deles. No caso das canteiras e graveiras, o obxectivo adoita ser o recheo dos ocos creados na fase de extracción, podendo recorrer a diferentes opcións, como, por exemplo, a creación dunha lagoa (neste caso concreto, a formación de lagoas incluso pode contribuír a atraer á zona novas especies animais ou vexetais, proporcionando así aos habitantes do lugar un novo espazo de lecer).
Outra das grandes posibilidades de restauración dunha canteira de áridos é o aproveitamento do buraco para almacenar residuos procedentes da demolición de edificios ou do sector da construción en xeral, denominados RCDS. Empréganse tamén para encher eses buracos os grandes excedentes de terra procedentes da construción de infraestruturas (estradas e autovías, liñas de ferrocarril, etc.).
En todos estes casos, os recheos colócanse de forma planificada por capas ata alcanzar a altura do resto do terreo. A última das capas, a máis superficial, adoita enchese con terra cultivable, xa que posibilita múltiples modelos de restauración: prantación de árbores, parques naturais, pastos para gando, terras de cultivo, etc. Tamén existen outros exemplos de restauración, como a construción de polígonos industriais, a creación de parques tecnolóxicos, urbanizacións, etc.