Arigal lidera a visita empresarial a Bruxelas do sector nacional dos áridos

  • A iniciativa internacional, promovida pola UEPG, prolongarase durante tres xornadas e abordará a situación dos mercados, o crecemento sostible e o medio ambiente
  • A asociación galega defenderá que as administracións promovan accións para igualar o consumo de áridos á media europea, xa que hai 3 toneladas por persoa e ano de diferenza

 

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) vai liderar esta semana a visita empresarial a Bruxelas emprendida polo sector nacional, xa que ostenta na actualidade a presidencia da Federación de Áridos a través da persoa de José Lista, sitúase á cabeza das accións de innovación e de crecemento sostible e medioambiental e vai plantexar a necesidade de que se adopten medidas que contribúan a equiparar o consumo de áridos en España á media europea.

Comunicado de Arigal sobre a silicose e as enfermidades profesionais do sector

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) quere facer as seguintes precisións e explicar o seu posicionamento sobre a silicose e outras enfermidades profesionais do sector, así como das accións que se están a desenvolver para marxinalizar a súa incidencia.

As canteiras galegas impulsarán outra mellora en seguridade coa formación de 500 traballadores, máis do 60% do total

  • A Asociación Galega de Áridos segue artellando diversas medidas a prol da saúde laboral tras reducir a siniestralidade nun 83% nos derradeiros oito anos
  • Arigal ten en proxecto a creación dun Servizo de Prevención Mancomunado para acadar a medio prazo o obxectivo “Cero casos” na afección do e a sílice

 

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) segue coa intensificación das súas accións no eido da formación, a seguridade e a saúde laboral das súas canteiras e dos seus traballadores e afrontará o vindeiro ano un novo Plan de Seguridade Mineira que beneficiará a uns 500 empregados, o que supón máis do 60% dos que traballan nas preto de 70 canteiras das firmas afiliadas.

Arigal obtén apoio na UE para aumentar o mantemento de infraestruturas e activar o sector tras caer un 80% desde 2008

  • O colectivo galego, respaldado por europarlamentarios, lembra que as vías teñen vida útil e que se debe actuar en estradas e ferrocarril para preservar a seguridade vial
  • A Asociación Galega de Áridos reitera a necesidade de cambiar o modelo económico tras coñecer que España sitúase á cola dos 39 países europeos no seu consumo

 

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) conseguíu apoios de institucións europeas e de europarlamentarios españois para reclamar que se incremente de xeito inmediato o investimento público en mantemento de infraestruturas, principalmente estradas e redes de ferrocarril, co triple obxectivo de garantir a seguridade vial dos usuarios ante o seu deterioro, evitar un colapso destas liñas de comunicación polo uso e o paso do tempo e reactivar o sector, que está a sofrer unha situación de estancamento no presente exercicio tras o lixeiro repunte de 2015.

Páxina 11 de 11

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal