ARIGAL, AO SERVIZO DOS ASOCIADOS
Representatividade
Formación
Arigal está moi comprometida coa formación, tanto en materia laboral como de seguridade, e por iso dispón dun completo Plan de Formación que beneficia anualmente a centos de profesionais vencellados ás empresas asociadas, tanto directivos como traballadores. As iniciativas de formación, que van desde cursos ata xornadas técnicas ou conferencias, desenvólvense de xeito continuo, superando por moito as esixencias lexislativas nesta materia. De feito, Arigal vai organizar en 2017, como cada dous anos, un Plan de Seguridade Mineira avalado polo Goberno central e que contará coa participación de medio milleiro de traballadores.
Asesoría
- Consultas sobre cuestións xerais de interese para os asociados
- A defensa dos dereitos e intereses do sector e especialmente das empresas asociadas ante todo tipo de organismos
- A elaboración e presentación de calquera clase de escritos, instancias, consultas, denuncias, recursos, etc.
- A obtención de diversos modelos de contratos
Información
- A transmisión continua de información ás empresas sobre temas que poden resultarlles de interese a través da elaboración de informes periódicos
- A información aos asociados sobre cuestións de interese publicadas nos distintos boletíns oficiais: DOUE, BOE, DOG...
Innovación
-
Atrazex: solución tecnolóxica para a xestión da trazabilidade dos explosivos con fins civís
- Secoposi: ferramenta para o control e seguemento dos índices de pó e sílice
-
Medio ambiente: incorporación de accións innovadoras na restauración de espazos degradados para destinalos a espazos de lecer, industriais, agrícolas…
Comunicación
Arigal presta un servizo de comunicación xeral a través dun gabinete externo que se encarga da xestión integral da área de comunicación. Así, a asociación pode abordar de xeito profesional cuestións referidas á comunicación interna, ás relacións cos medios de comunicación, á elaboración de contidos sobre as actividades da entidade, á xestión da presenza nos medios dixitais (web e redes sociais) e á redacción e deseño de publicacións propias. Asimesmo, tamén se ofrece asesoramento ás empresas asociadas en casos puntuais.
Xestión
Arigal tamén se encarga de xestionar achegas e subvencións públicas para financiar proxectos de interese común para os asociados, sobre todo en materias como a medioambiental, a da seguridade mineira e a formación e saúde laboral, o deseño de prantas para áridos, o mantemento ou a renovación de maquinaria e cuestións sobre produtos ou reutilización de lodos, entre outras moitas.
Promoción
- A promoción das relacións entre as propias empresas que operan no sector
- Promoción para reforzar a interlocución cos distintos órganos administrativos (ministerios, consellerías, deputacións, concellos...)
- Fomento das relacións con outras agrupacións de interese (cámaras oficiais, federacións e outras asociacións relacionadas co sector)
- Integración noutras entidades de interese: AENOR (Arigal ten dous representantes nos Subcomités de Áridos), Federación de Áridos, UPEG…
- A promoción das propias empresas asociadas a través de internet, medios de comunicación xeralistas, revistas técnicas e publicacións propias