VIII Xornada Técnica de Responsabilidade Social Empresarial no eido da Seguridade e Saúde no sector dos áridos – “A importancia da prevención fronte á inhalación do po de sílice cristalina respirable”

Santiago de Compstela 25 Outubro do 2022

PROGRAMA

10:30  Apertura da xornada.
•    Dna. Adela Quinzá-Torroja García - Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

11:00 Inicio da xornada:
•    Dna. Luisa Álvarez Zaragoza – Directora de PEDRA INGENIERÍA.
o    ITC 02.0.02 «Protección de los trabajadores contra el riesgo por inhalación de polvo y sílice cristalina respirables»: cuestiones prácticas.

•    D. Aitor Puente de Cabo – Director de ARIGAL.
o    Presentación dos resultados das probas de axuste realizadas durante as xornadas de sensibilización fronte á inhalación de po de sílice cristalina respirable.

•    Debate.

11:40 Pausa – Café.

12:00 Continuación da xornada.
•    D. Marcos Mourelle Mallo – Director da Delegación Santiago IBERSYS.
o    Implicacións legais a nivel empresarial da falta de axuste dos equipos de protección respiratoria.

•    D. Sindo Prieto – Delegado para Galicia de CASELLA.
o    A importancia de coñecer a distribución do po de sílice cristalina respirable nas instalacións, e asegurarse dunha boa protección  para os traballadores e empresas.

•    Mesa redonda: “A importancia da prevención fronte á inhalación do po de sílice cristalina respirable”
o    Dna.  Arantxa Prado Santiago – Directora da Cámara Oficial Mineira de Galicia.
o    D. Juan Carlos Morán del Pozo – Decano del Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos y Grados en Minas y Energía de Galicia.
o    D. Juan José Iglesias – Decano-Delegado en Galicia del Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste de España.
o    Dna. Amaranta Gómez González – Responsable de Seguridade Laboral en PREBETONG ÁRIDOS.
o    Dna. Iria Fernández Viñas – Responsable de Seguridade Laboral en CUARZOS INDUSTRIALES e RAMSA.

•    Modera: D. Aitor Puente de Cabo – Director de ARIGAL.

13:20 Clausura da xornada
•    Dna.  María Coutinho Villanueva – Subdirectora Xeral de Recursos Minerais.



NOTA: O programa poderá sufrir variacións en función dos poñentes.

A minería sustentable si que se acorda de Santa Bárbara cando premia

Na crise das materias primas, a comunidade ten 12 dos 30 minerais estratéxicos para a UE

A Cámara Oficial Mineira de Galicia vén de entregar este venres en Santiago os premios Santa Bárbara, nunha xornada que reuniu á comunidade mineira galega con motivo da celebración da festividade da súa patroa. Cerca dun centenar de asistentes participaron na décimo cuarta edición dos premios, entre eles, representantes da Xunta, organismos oficiais e empresas mineiras. Todo nun momento clave para o sector, onde o impulso da minaría galega pode ser a solución ante crise de materias primas que sufre a industria.

Juan José López Muñoz, presidente da Cámara, remarcou que “a misión do sector mineiro galego é facer todo o posible para o desenvolvemento do potencial empresarial galego”. Galicia, comunidade tradicionalmente mineira, pode aportar 12 dos 30 minerais estratéxicos marcados pola UE. “Aportamos materias primas cada vez máis necesarias e de xeito máis innovador e sostible, empregando equipos multidisciplinares, creativos e diversos, e tendo un impacto positivo nas comunidades rurais nas que estamos a vivir e a traballar”, sinalou.

Cunha visión máis global, Juan José López destacou como mediante a investigación, a minaría galega está cada vez máis alienada cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da ONU: “Aportando materiais para o desenvolvemento de enerxías renovables, favorecendo a creación de emprego e dunha cadea de valor que englobe a toda a industria, favorecendo a produción e os consumos responsables mediante a minería urbana e a economía circular co aproveitamento de estériles”.

Para isto o presidente da COMG defendeu a cooperación transfronteriza en termos de “seguridade europea, transición enerxética, en mapeo de recursos e en avaliar as potencialidades que temos para o abastecemento de minerais estratéxicos dende as minas activas e os xacementos presentes tanto en Galicia, en España e no norte de Portugal”.

Ademais o presidente quixo remarcar o compromiso das empresas mineiras co desenvolvemento sostible, que en moitos casos se está a materializar na implantación da UNE 22.480 de Xestión mineira sostible nas empresas mineiras galegas mediante convenio asinado coa Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e que terá continuación previsiblemente no 2022.

Como consecuencia, 11 novas empresas de todos os sectores están a piques de obter as certificacións neste ano, sendo a comunidade española con máis explotacións certificadas. A primeira en obtela (tras Caolines de Vimianzo en 2019) foi Refractarios Campo. “Empresa capaz de aportar valor xerado pola propia actividade da empresa nunha contorna tan singular como a Rede Natura”, explicou Juan José López.

Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, referendou as palabras de Juan José López e o apoio da Xunta de Galicia de cara a fortalecer o sector: “Galicia ten un forte compromiso coa minaría sostible, que é sinónimo de compatibilidade co medio ambiente; de desenvolvemento do medio rural; dun aproveitamento racional, ordenado e eficiente dos recursos; e do impulso dos minerais estratéxicos esenciais para o tecido industrial galego, así como para o desenvolvemento económico”.

O vicepresidente segundo destacou que a minaría galega “está en condicións de liderar a aposta pola sustentabilidade e a innovación no sector”. E nese sentido, agradeceu, tanto aos premiados como á Cámara Oficial Mineira de Galicia, que contribúan a reivindicar a potencialidade e a responsabilidade desta industria na comunidade.

Premiados

O premio Traxectoria recaeu sobre Juan de Dios Martín Aparicio, que dedicou toda unha vida ao sector mineiro culminada por case 7 anos de presidencia da COMG, onde conseguiu potenciar a presenza da entidade nas institucións, incrementar o súa prestixio, e potenciar a súa imaxe e repercusión dentro e fóra do sector. O premio Comunicación foi outorgado ao Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos, e recibido por Manuel Regueiro e Pablo Núñez. Polo seu intenso labor de comunicación ao longo deste ano 2021 e a realización de numerosas publicacións relacionadas co sector. O premio Minaría Sostible recaeu sobre o Instituto de Estudos de Territorio polo impulso, creación e difusión da Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas.

 

Juan de Dios Martín, premiado en Santa Bárbara 2021

O xurado da  XIV edición dos Premios Santa Bárbara, tras a súa reunión do pasado 26 de novembro, comunicou que os galardoados son:  

•    Premio Traxectoria: Juan de Dios Martín Aparicio

•    Premio Comunicación: Ilustre Colexio Oficial de Geólogos

•    Premio Minería Sostible: Instituto de  Estudos  do Territorio - Guía de  Boas Prácticas para a Integración Pasaxística das Actividades Extractivas

A entrega de premios e a festividade de Santa Bárbara que organiza a Cámara Oficial Mineira de Galicia terá lugar o venres 3 de decembro en Santiago de Compostela, onde se renderá unha merecida homenaxe aos galardoados, algún membro histórico de ARIGAL (antes AGA).

Convidámosvos a que vos poñades en contacto coa Cámara Oficial Mineira de Galicia, ou connosco, para acudir a esta celebración por partida dobre, a festividade de Santa Bárbara, e a entrega de galardóns, que será efectuada polo Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Don Francisco Conde.

 

 

 

PUBLICACIÓN DA FOLLA DE RUTA 2030 DO SECTOR EUROPEO DOS ÁRIDOS

DESCARGA - VERSION PDF

A Unión Europea de Produtores de Áridos - UEPG acaba de publicar a súa Folla de Ruta 2030, adaptada aos novos retos e retos aos que se enfronta o sector dos áridos, en resposta á solicitude do Gabinete do Comisario de Mercado Interior da UE, Thierry Breton, quen lle preguntou á UEPG: como un dos principais actores en relación coas materias primas, elaborar e presentar unha Folla de Ruta 2030. A Federación de Áridos participou de xeito moi importante na concepción e redacción do documento.

No actual escenario de crise das materias primas, esta iniciativa foi unha oportunidade única para que a nosa industria demostre que somos esenciais, estratéxicos, que estamos para quedarnos e, o máis importante, que somos parte da solución.

O documento resume as actuacións da UEPG:
1. Contribuímos á neutralidade climática
2. Imprescindible para a estratexia da UE de adaptación ao cambio climático
3. Agregados: clave para a onda de renovación (EU Green Deal)
4. A dependencia da UE dos agregados (Nova estratexia industrial da UE)
5. Circulares por definición (Plan de Acción da UE)
6. Un socio clave para a biodiversidade da UE (estratexia da UE)
7. Garantimos lugares de traballo seguros e saudables (Emprego da UE)
8. Aplicación e cumprimento da lexislación comunitaria
9. Apoiamos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU

 

 

Isabel Rodríguez resalta o empeño do Goberno na formación dos traballadores para mellorar a seguridade laboral

- O Goberno dedica 2,3 millóns á mellora da seguridade mineira

- A subdelegada visitou unha canteira de Prebetong na que se imparte un curso subvencionado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

- En Galicia, o Ministerio inviste este ano 40.600 euros para mellorar a formación de 157 traballadores

- O sector de canteiras facturou o ano pasado 10,25 millóns de euros na provincia e dá emprego a máis de 300 traballadores


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, resaltou o empeño do Executivo en mellorar a formación dos traballadores para a prevención de riscos laborais e destacou a importancia de que as empresas compartan esta necesidade. Neste sentido, destacou a convocatoria de axudas por importe de 2,3 millóns de euros este ano do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a mellora da seguridade mineira en dúas liñas destinadas a investimentos materiais e a formación dos traballadores.

Isabel Rodríguez efectuou hoxe unha visita á canteira que ten a empresa Prebetong na parroquia lucense de Santa María de Bóveda, onde se imparte un curso de seguridade mineira subvencionado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que imparte a Asociación Galega de Áridos (ARIGAL). Na visita estivo acompañada polo director da Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, Javíer Domínguez; así como polo peresidente e o director de ARIGAL, Alberto Novoa e Carlos Martínez; e polo director de Prebetong Hormingóns e áridos, o director facultativo e o xefe de canteiras da Zona Norte de Prebetong Lugo, Andrés Lago, Francisco Rego e David Pazos, respectivamente.

Rodríguez informou de que este é un dos cursos financiados polo Ministerio que este ano concedeu axudas por importe de 40.605 euros a entidades galegas como a Asociación Galega de Áridos para a formación de 157 traballadores. Desde 2019, son 1.052 os traballadores do sector da minería en Galicia que reciben formación para aumentar a súa seguridade laboral grazas a estes cursos aos que o Goberno destinou un investimento, en Galicia, de 150.946 euros.

A actividade formativa que visitou hoxe a subdelegada corre a cargo de ARIGAL, entidade que representa ao 93% das empresas de canteiras e empresas auxiliares do sector de áridos en Galicia. Trátase dun curso de Soporte Vital Básico e manexo de DESA (Desfribrilador Externo Semiautomático), con 5 horas de duración e no que participan 10 traballadores da empresa Prebetong Lugo.

 



A subdelegada destacou a importancia fundamental da formación neste sector de gran peso para o emprego e a economía da provincia. En total son 20 as canteíras e graveiras existentes na provincia de Lugo, que representan o 27% das existentes en Galicia. No ano 2020 a súa produción foi de 2 millóns de toneladas, que supoñen o 22,5% de Galicia. A súa facturación o último ano foi de 10,25 millóns de euros.

En canto ao emprego, o sector xera 225 empregos directos na provincia aos que hai se engaden outros 80 postos de traballo indirectos.

O VI CONGRESO NACIONAL DE ÁRIDOS CELEBRARASE DO 25 Ó 27 DE MAIO DO 2022

  • O congreso, cuxa sede é Oviedo, estaba previsto que se celebrase este ano e tivo que ser aprazado debido á pandemia
  • A última edición do congreso, celebrada en 2018 en Santiago de Compostela, congregou a máis de 800 persoas

INSCRIPCIÓNS  ABERTAS   ACCEDE XA

 

A 6ª edición do Congreso Nacional de Áridos xa confirmou a súa data de celebración, que será do 25 ao 27 de maio de 2022. O congreso, cuxa sede é o Centro de conferencias e exposicións da cidade de Oviedo, estaba previsto para maio de 2021, pero tivo que aprazarse como consecuencia da pandemia.

Esta semana, tras as recentes reunións dos comités científicos, organizadores e de comunicación, a Federación de Áridos - FdA volveu lanzar todo o proceso organizativo, así como a nova páxina web www.congresoaridos.com, así como a nova APP, en que se pode consultar toda a información, xa que unha das novidades desta edición é que non se utilizará papel e preténdese reducir a pegada de carbono. O congreso cumprirá todas as medidas de seguridade do protocolo Covid-19, adaptadas ao contexto. A principal consigna do congreso é "Contribuímos aos obxectivos de desenvolvemento sostible de 2030" e hai outros dous lemas, "Agregados para a transición ecolóxica" e "O congreso da reunión". “Cremos que vai ser un gran congreso, xa que o sector está moi comprometido con estes obxectivos; unha mostra da expectativa existente é que o 50% da exposición comercial xa se vendeu nunhas semanas ”, asegura Ramón Ruberte Auré, presidente da FdA.

O VI Congreso está a orientarse como un foro dos máis actuais, dirixido fundamentalmente a empresarios, profesionais - científicos e técnicos -, relacionados co sector dos áridos, onde se poden resaltar as futuras directrices desta industria extractiva básica para a sociedade. As áreas temáticas que se incluirán no Congreso incluirán todas as áreas de actividade relacionadas co sector dos áridos, desde as etapas previas ao inicio dunha nova operación ata os produtos para a construción aos que están destinados principalmente.

Despois do éxito dos cinco congresos celebrados en Zaragoza, Valencia, Cáceres, Madrid e Santiago de Compostela nos anos 2006, 2009, 2012, 2015 e 2018 respectivamente, coa asistencia de case 800 Congresistas en cada ocasión, coa participación media duns 60 expositores comerciais e cun elevado número de comunicacións e comunicacións presentadas, mantense a periodicidade desta iniciativa, para dar un impulso ao sector extractivo de áridos, achegándoo cada vez máis a aos criterios que conforman o marco para o desenvolvemento sostible dunha actividade moderna e necesaria para a sociedade.

ACTUALIZADO O MODELO DE PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

Recentemente publicouse a creación do "Rexistro electrónico de plans de autoprotección de Galicia", que se pode consultar nesta ligazón.

               A actividade extractiva, sometida á aplicación do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, e o seu ITC, está obrigada a que se elabore un Plan de Autoprotección. Coa creación deste novo rexistro, o devandito plan debe rexistrarse neste novo rexistro, que ten como obxectivo poñer todos estes datos a disposición dos servizos de emerxencia da comunidade autónoma, co fin de obter unha resposta máis áxil e coordinada ás situacións de emerxencia.

                En resposta a varias consultas e solicitudes, actualizouse tanto a Guía de Preparación como o Modelo de Plan de Autoprotección para adaptalo aos cambios lexislativos desde a súa elaboración en 2012.

                Na seguinte ligazón atópanse os seguintes documentos:     LIGAZÓN

                                       • Guía para a elaboración do Plan de Autoprotección
                                       • Modelo de Plan de Autoprotección en dous formatos:
                                                      - Un ficheiro .pdf editable maquetado, cun aspecto máis coidado
                                                      - Un ficheiro .doc que lle permitirá modificalo completamente, pero cun deseño máis sinxelo
                                       • Un ficheiro Excel, con todas as táboas do documento, para poder modificalas e insertalas a posteriormente no documento.

Despois da súa elaboración, deberá rexistrarse, mediante o procedemento PR485A na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde se pode revisar a documentación necesaria.

CARTOGALICIA incorpórase a ARIGAL, como membro adherido

CARTOGALICIA é unha empresa que conta cunha oferta integral de servizos relacionados coa topografía, fotogrametría, láser escáner, metroloxía e batimetrías. Ademais, foron pioneiros na incorporación de sistemas aéreos e marítimos non tripulados, acumulando máis de 10 anos traballando cos devanditos sistemas, ofrecendo tanto servizos de voos como de procesado de datos e restitución.Estes vos poden levar a cabo con diferentes sensores: LIDAR, RGB, multiespectrales, IR, ou a combinación de varios dos anteriores.

Algúns dos seus clientes son IDOM, INSTRA, ENCE, ASEFOR, IBERDROLA, entre outros. Os traballos desempeñados van desde a captura da información ata o procesado dos resultados que o cliente necesite en cada tipo de proxecto. Un exemplo son os traballos de cubicación realizados semanalmente para ENCE, sobrevoando 3 provisións para cubicar a cantidade de serrín (da orde de 40.000 m3 por provisión), ademais do cálculo dos troncos que teñen amontoados por métodos fotogramétricos.

Picando nesta ligazón podes descargarche un breve catálogo de servizos.

Debido aos acordos de confidencialidade cliente - empresa, non poden compartir resultados nin informes dos seus traballos, pero como o movemento demóstrase andando, ofrecéronnos unha xornada de voos demo onde empregarán o seu Lidar e sensores fotogramétricos para obter medicións, ortoimágenes e calquera outro tipo de resultados.

Por iso, todos aqueles que esteades interesados en que se vos realice o voo de demostración gratuíto, debédesnolo comunicar antes do próximo 27 de xullo de 2021, contestando directamente por correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Entre todos os interesados efectuaremos un sorteo.

 

Os datos de contacto son:

Cartogalicia, SL, Pol. Ind. Novo Milladoiro Rúa Oliveira Nave 96 15895 Milladoiro – Ames (A Coruña)

CEO: Marcos López Sánchez – 610 775 766 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Responsable de oficina técnica: Javier Menéndez Rodríguez. – 605 891 569  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

VISÍTA A NOSA WEB:  www.cartogalicia.com  

 

 

XORNADA INFORMATIVA SÍLICE CRISTALINA RESPIRABLE: NOVIDADES LEXISLATIVAS E NOVAS ESIXENCIAS PARA AS EMPRESAS

Organizada pola  CONFEDERACIÓN DE INDUSTRIAS EXTRACTIVAS DE ROCAS E MINERAIS INDUSTRIAIS –  COMINROC e que terá lugar o xoves 22 de xullo de 2021, por videoconferencia  ZOOM desde as 09.30. horas ata as 11.45 horas, co Programa que se adxunta, no que colaboran a Subdirección Xeral de Minas do  MITECO, o Instituto Nacional de Silicose e Centro Tecnolóxico do Mármore, Pedra e Materiais (CTM).

Para asistir á xornada debe inscribirse a través da seguinte ligazón:

https://us02web.zoom.us/webinar/register/WN_VizAyI1aTDW1yKjahvl4Qg

Unha vez inscrito recibirá un email na súa dirección de correo electrónico co enlace á xornada.
 
PROGRAMA DA XORNADA

Páxina 1 de 11

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal