SECOPOSI, A APLICACIÓN PARA O SEGUEMENTO E CONTROL DO PO E DA SÍLICE

 
A Asociación Galega de Áridos ten un fondo compromiso coa mellora das condicións laborais, de seguridade e saúde, nesta actividade profesional; dito compromiso tamén é extensible a todos os asociados, que avogan por unha reducción constante da incidencia da silicose e doutras enfermidades profesionais ata acadar o obxectivo “cero casos”.

O sector dos áridos presenta uns parámetros que se sitúan moi por debaixo nas medicións de pó, en comparación con outras actividades extractivas de Galicia. Os datos oficiais e os estudos realizados sinalan que, nos derradeiros cinco anos, só se rexistrou un 3% de medicións nas canteiras de áridos con valores de pó por enriba do admisible, mentres que noutras actividades extractivas ese indicador subíu ata o 50%.

Ademais, cómpre lembrar que os parámetros de pó no ambiente admisible en España cífranse en 0,1 miligramos por metro cúbico, o que vén ser unha das cifras máis baixas e esixentes de toda a Unión Europea. Esta cuestión conta co respaldo de Arigal na defensa da seguridade e saúde laboral dos máis de 800 traballadores das canteiras de áridos galegas.

As máis de 50 canteiras asociadas a Arigal invisten anualmente unha gran cantidade de recursos -crecente en cada exercicio- nas áreas de formación, seguridade, prevención de riscos e enfermidades e saúde laboral, en aras do benestar dos seus traballadores. Esta actuación das industrias afiliadas a Arigal compleméntase co feito de que a asociación conta cunha ferramenta propia, dispoñible dende calquera navegador on line, que está destinada ao Seguemento e Control de Pó e Sílice co obxectivo de minimizar a súa existencia e previr posibles afeccións aos empregados, que son o principal activo das empresas. Esa aplicación chámase SeCoPoSi.

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal