CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA
O vindeiro mércores 31 de xaneiro, ás 11.00 h., terá lugar a presentación oficial en rolda de prensa – almorzo de traballo do V Congreso Nacional de Áridos, unha iniciativa da Federación de Áridos (FDA) que se celebrará entre os días 24 e 26 de outubro de 2018, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela.
No acto está prevista a presenza e participación do presidente do Comité Organizador, da Federación de Áridos – FDA e de ARIGAL, José Lista Tasende, do director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel BernardoTahoces, da directora de promoción deTurismo de Galicia, María del Carmen Pita Urgoiti, do secretario xeral da FDA, Jaume Puig i Canal e do director xeral da FDA, César Luaces Frades.
CONVOCATORIA DE PRENSA FDA
ALMORZO DE TRABALLO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PRESENTACIÓN DO V CONGRESO NACIONAL DE ÁRIDOS 2018
“Comprometidos coa Sociedade”
DATA: 31 de xaneiro de 2018
LUGAR: Parador de Santiago de Compostela (Hostal dos Reis Católicos)
DIRECCIÓN: Praza do Obradoiro, 1, 15704 Santiago de Compostela
HORA: 11.00 h.
ENTREGARÁSE DOSSIER DE PRENSA
Rógase confirmación de asistencia a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Máis información do V Congreso Nacional de Áridos 2018
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017.- A Asociación Galega de Áridos (Arigal) reuniuse esta mañá durante a súa asemblea extraordinaria para renovar a súa xunta directiva e facer balance do sector dos áridos en 2017.
Tras o acto, coa asistencia de máis de 60 persoas: empresarios, técnicos, administración e varios grupos ambientais, presentouse o Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia, o “Arigal Virtual 360º”. Esta é unha plataforma online a través da que se pode ver en tempo real o traballo nas canteiras galegas e coñecer, de primeira man e sen filtros, as características técnicas dos áridos galegos.
O obxectivo desta ferramenta virtual, é promover a transparencia total das actividades desenvolvidas nos 72 centros de traballo de Arigal, maioritariamente situados en zonas rurais de toda Galicia. A plataforma concíbese, neste sentido, como unha perfecta simbiose para a convivencia entre o medio e unha actividade extractiva sostible e beneficiosa para o medio ambiente e a biodiversidade. Cabe salientar, que a día de hoxe, máis do 85 % das canteiras de áridos de Galicia, están presentes en “Arigal Virtual 360º”, e agárdase que incremente o número nestes días, trala revisión dos últimos vuelos efectuados.
Arigal Virtual 360º contará cun visor con foto esférica e aérea, vídeo de voo con dron e datos técnicos dos áridos de Galicia en aberto.
Internacionalización
O outro dos obxectivos de esta ferramenta ten un enfoque técnico, posto que permite consultar a tipoloxía e características de tódolos áridos producidos en Galicia, pudiendo filtrar por tipoloxía de material, produto ou ubicación xeográfica, co gallo de que se produzan máis exportacións, coma a desenvolta por catro empresas galegas, exportando material de escollera, para portos, a Francia, fai uns meses, e con continuidade na actualidade.
O próximo 12 de decembro de 2017, a Asociación Galega de Áridos ( ARIGAL), presentará o traballo realizado no marco do Convenio subscrito este ano coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, o Catálogo Virtual dos áridos de Galicia.
Será nestá presentación, onde se detallará e presentará aos medio a nova ferramenta elaborada dentro de dous eixos principais,
- Dotar de maior transparencia, se cabe, ao sector, debido a que se implementan imaxes esféricas de alta resolución de preto do 90% das canteiras produtoras de áridos en Galicia,
- Proporcionar un maior coñecemento técnico das calidades e características dos áridos producidos en Galicia.
Aproveitarase o evento para poñer en valor as primeiras accións de internacionalización do sector, que constitúen un feito de alta relevancia na actualidade do sector, tanto autonómico coma europeo.
O acto celebrarase no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, a partir das 13:00 horas.
Esta mañá celebrouse na Sala Cinc da Cidade da Cultura unha xornada organizada pola Asociación Galega de Áridos sobre a prevención dos riscos laborais relacionados coa exposición ao pó de sílice cristalina dos traballadores tanto das empresas mineiras como de sectores transformadores como a construción, vidro, cerámica e marmolerías.
Nesta xornada D. César Luaces , presidente do comité de Saúde e Seguridade da Unión Europea de Fabricante de Áridos, explicou as novidades regulamentarias a nivel europeo, entre as que destaca a aprobación que terá lugar mañá no Parlamento Europeo da Directiva pola que se inclúe ao Pó de Sílice Cristalina xenerado no posto de traballo como axente canceríxeno.
A aprobación de esta Directiva, que logo ten que seren trasposta a lexislación española, con leva a necesidade de complementar as medidas preventivas que xa contempla a lexislación vixente en España dende o ano 2012, con novas medidas para limitar todo o tecnicamente posible a exposición dos traballadores ao Pó de Sílice Cristalina.
D. Julio Valle asesor xurídico de ARIGAL, resaltou a necesidade de establecer un procedemento documental explícito que recolla tódalas actuacións da empresa no eido da prevención fronte a exposición ao Pó de Sílice Cristalina Libre.
D. Juan Carlos Pereira de Ibersil, explicou a estratexia europea NEPSI, firmado por todos los sectores empresariales implicados a nivel europeo e os sindicatos e que contempla una estratexia definida de avaliación da exposición ao Pó, establecemento de medidas de control e prevención: boas prácticas; formación e información aos traballadores; vixilancia da saúde e información a Comisión Europea.
ARIGAL, que aposta dende hai anos, pola implantación a nivel galego, memso reclamando o apoio da Xunta de Galicia, presentou a Guía para as empresas titulada “O Pó de Sílice Cristalina”, dirixida a axudar as empresas do seu sector e aos seus traballadores a aplicación efectiva dunha política de prevención avanzada que minimice a exposición ao Pó dos seus traballadores e con elo os riscos aos que puideran estar expostos.
A Camara Oficial Mineira de Galicia celebra á xornada técnica Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego, que promove conxuntamente co Clúster da Pizarra, o Clúster do Granito e a Asociación Galega de Áridos.
A xornada desenvolverase o vindeiro mércores 25 de outubro, a partir das 10:30 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas, 1) e nela diversos representantes procedentes do ámbito académico, empresarial e institucional debaterán sobre o futuro do sector mineiro e sobre o impacto que nel terá a Lei de Implantación Empresarial de Galicia.
10:30 Acto de apertura da xornada técnica co director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces.
10:45 Conferencia do catedrático da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Javier Taboada Castro.
11:15 Mesa redonda na que responsables municipais de tres concellos galegos onde a minería ten unha importante presenza analizarán
a influencia do sector nas súas comarcas.
12:00 Pausa-café
12:30 Conferencia do catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, Luis Míguez Macho.
13:00 Clausura da xornada técnica.
Pregámoslle confirmación no número de teléfono 881 896 542 antes do vindeiro 25 de outubro.
Empeza a conta atrás para o V Congreso Nacional de Áridos que, nesta ocasión, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela, os días 24, 25 e 26 de outubro de 2018.
Coa celebración da primeira reunión dos comités organizador e científico, o pasado 29 de setembro, cuxa presidencia ostentan, o presidente da FDA, José Lista Tasende, e o director da ETSI de Minas e Enerxía de Madrid, José Luis Parra Alfaro, establecéronse as bases organizativas e de contidos (páxina web, plataforma en liña, etc.) para que todas aquelas persoas que estean interesadas tanto en asistir como en presentar a correspondente comunicación poidan acceder a toda a información.
Como noutras ocasións, no marco do V Congreso, simultaneamente, terá lugar unha exposición comercial aberta a cantas empresas queiran mostrar as súas realizacións, contribuíndo á difusión das súas tecnoloxías e capacidades.
Está prevista unha exposición comercial cuns 45 expositores, ademais dun espazo exterior para a exposición de maquinaria.
Ata a data, xa están reservados 14 casetas, dúas deles con maquinaria no exterior. De entre todas elas destacan varios membros de ARIGAL, como Maxam, e outras que colaboran puntualmente, como Weir, Produtiva e Metso.
Antes de final de 2017, terá lugar a rolda de prensa de presentación do Congreso.
PROGRAMA
10.00 RECEPCIÓN ASISTENTES
10.15 APERTURA DA XORNADA
Secretaria Xeral de Emprego | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Dirección Xeral de Enerxía e Minas | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
D. José Lista Tasende | PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ÁRIDOS (ARIGAL)
10.30 INICIO DA XORNADA
TENDENCIAS NORMATIVAS EUROPEAS NO EIDO DA SÍLICE CRISTALINA
D. César Luaces Frades | Director Xeral de COMINROC e Presidente do Health Safety Comitee da UEPG
NOVIDADES LEGAIS DO PÓ DE SÍLICE CRISTALINA
D. Julio César Valle Feijóo | Asexor Xurídico de ARIGAL
VIXILANCIA DA SAÚDE NA EXPOSICIÓN Á PÓ DE SÍLICE
D. Alfons Dolcet García | Especialista en Medicina do traballo, IBERSYS
COLOQUIO
11.45 PAUSA - CAFÉ
12.15 CONTINUACIÓN DA XORNADA
PRESENTACIÓN DA GUÍA EMPRESARIAL “O PÓ DE SÍLICE CRISTALINA”
D. Javier González Paz | ESMIN INGENIERIA, S.L.
“NEPSI”, UNHA FERRAMENTA IMPRESCINDIBLE
D. Juan Carlos Pereira Fernández | Xefe do departamento de Seguridade e Saúde de España e Portugal, SIBELCO
COLOQUIO
13.30 CLAUSURA DA XORNADA
Diptico da Xornada
- Arigal, a Asociación Galega de Áridos reuniu ó sector nunha xornada técnica en Santiago de Compostela.
- Os diferentes axentes que interveñen en caso de accidente, definiron o marxen de millosa na actuacións.
Máis de 70 empresarios, técnicos e personal da adminsitración reunirónse esta mañá no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, na quinta xornada de responsabilidade Empresarial no eido da Seguridade e sáude no sector dos áridos.
Nesta xornada, que vense desenvolvendo de forma anual, con diferentes temáticas sempre relacionadas con responsabilidade empresarial na Seguridade no traballo, nesta occasion , tódolos axentes que interveñen na investigación e tramitación dos accidentes laborais, definiron as milloras que se poden desenvolver, unha ocurrido o accidente.
Deste xeito, nunha primerira mesa de debate, Don Diego López, director da Camara Oficial Mineira de Galicia expuxo onde fallan as estatísticas mineirase como poderían optimizarse. Asemade, nesta mesa, o personal do ISSGA detallou a súa labor de investigacion dos accidentes, na procura dun accidente tipo.
Xa na segunda mesa, o fiscal de siniestralidade de Galicia, Don Luis Anguita Juega, xunto con membros dos diferentes corpos de seguridade do estado, Policia Nacional e Guardia Civil, desgranaron, en base a súa experiencia, os aspect máis salientables dos protocolos de actuación en caso de accidente laboral, asi coma os aspectos onde debese aumentar o interés, de xeito que, igual que se procura a millora continua nas condicións de traballo dos traballadores, tamén se miniminicen os efectos posteriors o accidente no personal da empresa, tento técnicos, coma administradores.
Esta xornada, desenvolvida coa axuda da Xunta de Galicia, enmárcase nas continuas accións desenvolvidas por Arigal, posto que a pesares de ter marcado o obxevtivo cero accidentes no sector, tamén son conscientes da necesidade de minimizer os efectos dos accidentes, que se ben téntanse evitar, as veces ocorren.
Esta xornada, desenvolvida coa axuda da Xunta de Galicia, enmárcase nas continuas accións desenvolvidas por Arigal, posto que a pesares de ter marcado o obxevtivo cero accidentes no sector, tamén son conscientes da necesidade de minimizer os efectos dos accidentes, que se ben téntanse evitar, as veces ocorren.
Dentro das acción do presente exercicio, tamén destaca a celebración a final do mes de outubor doutra xornada técnica relative as novidades do po da silice cristalina, así como a presentación sunha Guía Práctica da Slice ante as inminentes novidades lexislativas que veñen da Comisión Europea.
PROGRAMA
10.00 RECEPCIÓN DE ASISTENTES
10.15 APERTURA DA XORNADA
DNA. COVADONGATOCA CARÚS
| Secretaria Geneeral de Empleo, CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
D. JOSÉ LISTA TASENDE
| Presidente, ASOCIACIÓN GALEGA DE ÁRIDOS (ARIGAL)
10.30 INICIO DA XORNADA
Estadísticas de siniestralidad Minera, ¿Qué falla?
D. DIEGO LÓPEZ GONZÁLEZ
| Director Cámara Oficial Mineira de Galicia
Comunicación de accidentes no marco da ITC 03.1.01.
D. JUAN JOSÉ IGLESIAS SUÁREZ
| Jefe del Servicio de Minas de Coruña, CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Actuacións do Issga en prol da SST no sector.
D. JOSÉ REGA PIÑEIRO
| Jefe del centro ISSGA de Coruña.
Coloquio.
11.45 PAUSA – CAFÉ
12.15 CONTINUACIÓN DA XORNADA
Protocolos en caso de accidente laboral.
D. LUIS ANGUITA JUEGA
| Fiscal de Siniestralidad de Galicia
D. JESÚS MANUEL PONTE PINTOR
| Jefe de la Policía Judicial de Galicia, Guardia Civil
D. CARLOS TEMPRANO MÉNDEZ
| Inspector Jefe dE la Policía Judicial, Policía Nacional de Coruña
Coloquio. Moderador.
D. JULIO CÉSAR VALLE FEIJOO,
| Asesor xurídico de Arigal
13.30 CLAUSURA DA XORNADA
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 74 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2019 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 51,2 millóns de euros.
Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal