ATRAZEX, UN PROXECTO DE I+D+i DO SECTOR DOS ÁRIDOS
Este control dos polvoríns, que se leva a cabo con terminais manexables e aptos para ser utilizados nas condicións de traballo reais das canteiras, permite unha xestión simultánea de datos e pedidos a máxima velocidade. Deste xeito, a unificación dos datos en tempo real mellora notablemente o control da trazabilidade e a seguridade no proceso de manipulación dos explosivos, ao desaparecer o papeleo, os envíos e as súas demoras e a necesidade de contar con recursos humanos, non dispoñibles en tempo real, nos procesos informativos.
EN 440 CANTEIRAS DE TODA ESPAÑA
Atrazex comezou a implantarse en canteiras piloto de Galicia e Cataluña en marzo de 2015 mediante varias demostracións de campo e xornadas formativas, así como a través da colaboración de Intervención de Armas e das áreas de Industria e Enerxía do Goberno central. Ao mes siguiente activouse en preto de 150 explotacións de maneira simultánea e cun gran resultado -ao unificar todo o proceso de xestión documental do uso de explosivos e ao favorecer, ademais, o contacto entre os asociados-. Actualmente, Octubre 2020, Atrazex está a ser empregada por 440 canteiras pertencentes ás 17 comunidades autónomas.
DÍptico Informativo