Arigal e a Cámara Mineira asinan un convenio para o emprego de Atrazex no control de explosivos

Arigal e a Cámara Mineira asinan un convenio para o emprego de Atrazex no control de explosivos

  • José Lista e Juan de Dios Martín pechan o acordo que permitirá que os membros da institución empreguen a innovadora solución ideada polo colectivo de áridos
  • A ferramenta tecnolóxica, que controla a trazabilidade dos explosivos para garantir a seguridade civil, está a ser usada por máis de 300 canteiras de toda España

A Asociación Galega de Áridos (AGA) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) veñen de asinar un convenio para a xestión da trazabilidade de explosivos en canteiras e minas da comunidade a través do emprego da ferramenta informática Atrazex, ideada e desenvolta pola AGA. O presidente de AGA, José Lista, e o da COMG, Juan de Dios Martín, rubricaron o acordo, que permitirá que os membros desta entidade empreguen a innovadora solución, destinada a controlar os explosivos por medio das novas tecnoloxías para garantir a seguridade civil.

 

Deste xeito, Atrazex segue co seu rápido proceso de expansión, que permite que xa estea a ser utilizada por máis de 300 canteiras de toda España e por numerosos colectivos e patronais do sector ata copar aproximadamente a metade do mercado nacional malia que leva pouco máis dun ano en funcionamento.

 

«Estamos moi satisfeitos de ter asinado este convenio coa Cámara Mineira, coa que mantemos unha inmellorable relación e un contacto moi fluído, porque amosa ben ás claras que a aposta e o inxenio de AGA con Atrazex foi un acerto pleno que coloca ao sector dos áridos galego como pioneiro e vangardista en materia de innovación e de seguridade respecto ao emprego de explosivos. Nembargantes, este é un exemplo do traballo e do liderado que AGA está a amosar no seo do sector en toda España», explicou José Lista.

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal