O próximo 12 de decembro de 2017, a Asociación Galega de Áridos ( ARIGAL), presentará o traballo realizado no marco do Convenio subscrito este ano coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, o Catálogo Virtual dos áridos de Galicia.
Será nestá presentación, onde se detallará e presentará aos medio a nova ferramenta elaborada dentro de dous eixos principais,
- Dotar de maior transparencia, se cabe, ao sector, debido a que se implementan imaxes esféricas de alta resolución de preto do 90% das canteiras produtoras de áridos en Galicia,
- Proporcionar un maior coñecemento técnico das calidades e características dos áridos producidos en Galicia.
Aproveitarase o evento para poñer en valor as primeiras accións de internacionalización do sector, que constitúen un feito de alta relevancia na actualidade do sector, tanto autonómico coma europeo.
O acto celebrarase no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, a partir das 13:00 horas.