Presentación do Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia

Presentación do Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia

  • A Asociación Galega de Áridos presentou está mañá a plataforma online “Arigal Virtual 360º” onde se mostra a perfecta convivencia entre o medio e unha actividade extractiva sostible.
  • A ferramenta contará cun visor con foto esférica e aérea, vídeo de voo con dron e datos técnicos dos áridos de Galicia en aberto.


Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017.- A Asociación Galega de Áridos (Arigal) reuniuse esta mañá durante a súa asemblea extraordinaria para renovar a súa xunta directiva e facer balance do sector dos áridos en 2017.

Tras o acto, coa asistencia de máis de 60 persoas: empresarios, técnicos, administración e varios grupos ambientais, presentouse o Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia, o “Arigal Virtual 360º”. Esta é unha plataforma online a través da que se pode ver en tempo real o traballo nas canteiras galegas e coñecer, de primeira man e sen filtros, as características técnicas dos áridos galegos.

O obxectivo desta ferramenta virtual, é promover a transparencia total das actividades desenvolvidas nos 72 centros de traballo de Arigal, maioritariamente situados en zonas rurais de toda Galicia. A plataforma concíbese, neste sentido, como unha perfecta simbiose para a convivencia entre o medio e unha actividade extractiva sostible e beneficiosa para o medio ambiente e a biodiversidade. Cabe salientar, que a día de hoxe, máis do 85 % das canteiras de áridos de Galicia, están presentes en “Arigal Virtual 360º”, e agárdase que incremente o número nestes días, trala revisión dos últimos vuelos efectuados.

Arigal Virtual 360º contará cun visor con foto esférica e aérea, vídeo de voo con dron e datos técnicos dos áridos de Galicia en aberto.

Internacionalización

O outro dos obxectivos de esta ferramenta ten un enfoque técnico, posto que permite consultar a tipoloxía e características de tódolos áridos producidos en Galicia, pudiendo filtrar por tipoloxía de material, produto ou ubicación xeográfica, co gallo de que se produzan máis exportacións, coma a  desenvolta por catro empresas galegas, exportando material de escollera, para portos, a Francia, fai uns meses, e con continuidade na actualidade.

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal