Empeza a conta atrás para o V Congreso Nacional de Áridos que, nesta ocasión, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela, os días 24, 25 e 26 de outubro de 2018.
Coa celebración da primeira reunión dos comités organizador e científico, o pasado 29 de setembro, cuxa presidencia ostentan, o presidente da FDA, José Lista Tasende, e o director da ETSI de Minas e Enerxía de Madrid, José Luis Parra Alfaro, establecéronse as bases organizativas e de contidos (páxina web, plataforma en liña, etc.) para que todas aquelas persoas que estean interesadas tanto en asistir como en presentar a correspondente comunicación poidan acceder a toda a información.
Como noutras ocasións, no marco do V Congreso, simultaneamente, terá lugar unha exposición comercial aberta a cantas empresas queiran mostrar as súas realizacións, contribuíndo á difusión das súas tecnoloxías e capacidades.
Está prevista unha exposición comercial cuns 45 expositores, ademais dun espazo exterior para a exposición de maquinaria.
Ata a data, xa están reservados 14 casetas, dúas deles con maquinaria no exterior. De entre todas elas destacan varios membros de ARIGAL, como Maxam, e outras que colaboran puntualmente, como Weir, Produtiva e Metso.
Antes de final de 2017, terá lugar a rolda de prensa de presentación do Congreso.