Arigal celebra a súa Asemblea Xeral o 19 de maio co lema “Novos retos, novos camiños”

Arigal celebra a súa Asemblea Xeral o 19 de maio co lema “Novos retos, novos camiños”

O próximo 19 de maio de 2017, a Asociación Galega de Áridos (ARIGAL), celebrará a súa Asemblea Xeral, na que se presentará un resumo das principais actividades desenvolvidas en 2016 e as liñas de traballo para o exercicio 2017.



O seu presidente, José Lista Tasende, nunha comunicación remitida a todos os asociados, adheridos e invitados, sinala que no encontro abordaranse os novos retos e camiños que o sector dos áridos en Galicia afronta nos vindeiros anos e cales son as propostas da Asociación para levalos a cabo. Entre elas, destaca o reto da internacionalización e novas aplicacións dos áridos, así como o reforzo da marca ARIGAL e a consolidación e expansión da plataforma Atrazex, que xa está funcionando en máis de 300 centros de produción de 13 comunidades autónomas españolas.

O acto celebrarase no auditorio do edificio Cinc da Cidade da Cultura de Galicia, no Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, ás 10:30 h en primeira convocatoria e ás 11:00 h en segunda.


Tras o peche do acto, a partir das 14.15 h, no salón de Convencións do mesmo edificio, terá lugar un xantar de traballo no que se prevé a asistencia das autoridades políticas invitadas.

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal