Vendas, investimento, dirección e operacións: así son as 4 grandes sinerxias entre os áridos naturais e a xestión de RCD

Vendas, investimento, dirección e operacións: así son as 4 grandes sinerxias entre os áridos naturais e a xestión de RCD

Arigal presentou recentemente, en colaboración coa Xunta de Galicia, un estudo sobre as sinerxias entre a produción de áridos e o tratamento de RCDs. O informe concluíu que as vantaxes entre ambos sectores son de gran alcance, entre as que destacan a similitude do proceso produtivo, a posibilidade de distribuír os áridos reciclados conxuntamente cos naturais e outros usos diversos.

As sinerxias agrúpanse en catro ámbitos principais. O primeiro deles é o das vendas. A maioría dos produtores de áridos ten como clientes a empresas de formigón e aglomerado e aquelas dedicadas á construción de infraestruturas e edificación, polo que tamén poderían ser demandantes de áridos reciclados. Terían así acceso a produtos mixtos que amplíen o abanico das aplicacións finais. As principais sinerxias de vendas son: 

  • Unha carteira de clientes coñecida, coa que se pode mellorar a relación ao proporcionarlles áridos reciclados de calidade.
  • Uso de canles de distribución idénticos e complementarios no uso de áridos naturais e reciclados.
  • Utilización dos mesmos servizos loxísticos para o transporte e posta en obra.
  • Diversificación de aplicacións e aumento da cota de mercado coa creación de produtos mixtos.

En canto ao investimento que hai que realizar para adaptar a planta, non é elevada, dado que as instalacións para a produción de áridos naturais pódense aproveitar en gran medida para a fabricación dos reciclados. En función do tipo de RCD que se vaia a valorizar, a planta de áridos pode servir para xerar reciclados con moi lixeiras modificacións, como é o caso dos RCD inertes, as terras e pedras de escavación.

Dado que as operacións que se realizan en ambos sectores son moi similares, a sinerxia de dirección é outra das que convén destacar. As explotacións de áridos contan nos seus equipos con técnicos expertos en prevención de riscos laborais, o control da calidade e a protección do medio ambiente, tres materias requiridas na valorización de RCD para a obtención de áridas reciclados.

Ademais de aproveitar gran parte das instalacións para a fabricación de áridos reciclados, o que supón un maior uso da capacidade instalada, entre as sinerxias de operacións inclúense o coñecemento que xa se ten do sector, así como do funcionamento e mantemento deste tipo de plantas. Neste apartado, tamén se atopa o coñecemento dos provedores, repostos e o resto da loxística necesaria; o coñecemento das normas estandarizadas que inciden no sector (Marcado CE) e o emprego dos ocos mineiros como zonas de recheo, xa que a rehabilitación do espazo afectado é obrigatoria.

Esta é un resumo das sinerxias en relación co negocio das empresas de áridos e, na seguinte newsletter, analizaranse os impactos positivos, tanto sociais como ambientais, da integración de ambas as actividades. 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal