Os ingresos do sector dos áridos en Galicia experimentaron un retroceso en 2016, cunha caída do 19,7%, ata situarse nos 40,6 millóns de euros, polo que volven aos niveis de 2013, o que supón a cifra máis baixa tras o mínimo histórico de 2014.
Desta forma, o sector non logra consolidar o punto de inflexión iniciado en 2015, ano no que a facturación medrara ata os 50 millóns de euros. Pero máis dramática é a situación se se compara co récord de 131 millóns de 2007, dado que dende entón arrástrase un desplome do 70%.
O 80% do emprego, no rural
En contraste con estes datos, hai que salientar o feito de que as empresas manteñen o seu compromiso cos seus traballadores, xa que o descenso da produción en 2016 non repercutiu nunha baixada proporcional no emprego, pois o número total de postos de traballo pasou de 805 a 800, o que supón un 0,6% menos.
A maioría dos postos de traballo (en torno ao 80%) que xeran as canteiras e graveiras espalladas por todo o territorio galego contribúen a fixar poboación no rural. En total hai 70 centros de explotación repartidos en 82 concellos e manteñen 2.800 empregos indirectos.
Lenta execución e menor consumo de áridos
Para paliar a grave situación pola que atravesa o sector, resulta imprescindible que se executen ao 100% as anualidades das obras consignadas en Galicia nos orzamentos autonómicos e estatais para o exercicio 2017, así como unha maior celeridade nos prazos.
Este notable descenso na demanda dos áridos debeuse á feble coxuntura da obra pública, na que o nivel de execución non segue o ritmo do presupostado, ao que se suma o escaso investimento para o mantenemento das estradas e a práctica inexistencia da edificación residencial.
Todo iso deu coma resultado que en 2016 se acadara un menor consumo de áridos, ata situarse nunha media de 2,8 toneladas por habitante, fronte ás 3,5 toneladas de 2015, o que representa unha caída do 20%. A lixeira reactivación da construción de edificios residenciais e non residenciais aínda non é suficiente para impulsar os resultados do sector.
De feito, todavía está lonxe da media europea de consumo de áridos (5,1 toneladas por habitante). Aínda así, en Galicia o consumo per cápita superou o acadado no resto de España (1,9 toneladas por persoa).