Arigal lanzará a finais de 2017 o primeiro Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia

Arigal lanzará a finais de 2017 o primeiro Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) está impulsando novas medidas para fornecer a transparencia e a responsabilidad social do sector. Neste sentido, traballa nunha iniciativa innovadora que se materializará a finais de ano. Trátase do lanzamento do primeiro Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia, o “Arigal Virtual 360º”.

Consiste nunha plataforma online a través da que se poderá ver en tempo real o traballo nas canteiras galegas e coñecer, de primeira man e sen filtros, as características técnicas dos áridos galegos. O proxecto é posible gracias á colaboración de Arigal e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. 

O obxectivo desta ferramenta virtual, que será pública nos próximos meses, é promover a transparencia total das actividades desenvolvidas nos 70 centros de traballo asociados a Arigal, maioritariamente situados en zonas rurais de toda Galicia. A plataforma concíbese, neste sentido, como unha perfecta simbiose para a convivencia entre a contorna e unha actividade extractiva sustentable e, en moitos casos, beneficiosa para o medio ambiente e a biodiversidade.

 
Iniciativa pioneira en España

Arigal Virtual 360º contará cun visor con foto esférica e aérea, vídeo de voo con dron e datos técnicos dos áridos de Galicia en aberto. As súas cualidades técnicas e a información que achegará ás empresas e á sociedade no seu conxunto fan deste proxecto unha iniciativa pioneira no conxunto do Estado. 

Ademais, os datos que facilite poderán empregarse para amosar as características a actividade de explotación de áridos na nosa comunidade a empresas ou investidores doutros países.

Desta forma, convertirase nunha potente ferramenta para aproveitar a estratéxica situación de Galicia na fachada atlántica europea como proveedora de áridos para toda Europa. 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal