Un grupo de alumnos do colexio CEMAR de Mondariz (Pontevedra) participou na plantación de árbores realizada na canteira de Couso de Prebetong Áridos, empresa pertencente a Votorantim Cimentos. A actividade realizouse con motivo da celebración do Día das Árbores, os Áridos e a Biodiversidade, unha iniciativa impulsada pola Asociación Galega de Áridos ( Arigal) e a Federación de Áridos (FdA).
Este evento ten como obxectivo dar a coñecer o sector dos áridos á sociedade e fomentar entre os nenos a importancia de coidar o medio ambiente, promovendo a reforestación e a súa condiición a mellorar a biodiversidade dos ecosistemas.
Os máis de 20 alumnos, que cursan 4º, 5º e 6º de Primaria, plantaron 30 bidueiros para rexenerar o manto vexetal das áreas xa restauradas da canteira de Prebetong Áridos. Ademais, puideron coñecer o proceso de produción dos áridos e a importancia dos minerais na súa vida cotiá.
O acto contou tamén coa presenza de representantes da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, así como da Cámara Oficial Mineira de Galicia e de Arigal.