A Asociación Galega de Áridos- ARIGAL, ven de poñer en marcha a campaña “Obxectivo cero accidentes” que se está a levar a cabo nas máis de 50 empresas que pertencen a ARIGAL.
Esta campaña desenvolvese dentro do marco das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para impulsar a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, a transferencia de coñecemento, o aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, a Investigación e innovación no seu aproveitamento, así como a divulgación e promoción do devandito sector.
Esta campaña contempla a elaboración dun manual de axuda para a implantación de políticas de “cero accidentes”, así como asesoramento, e a colocación de carteis recordatorios da importancia na prevención no posto de traballo.