Arigal proxecta en Meis o documental ‘Que sabes dos áridos?’

Arigal proxecta en Meis o documental ‘Que sabes dos áridos?’

  •  O documental trata de facer máis visible unha industria que produce o segundo recurso máis consumido do mundo e que dá emprego a 2.800 galegos.
  • A industria dos áridos ocupa un lugar destacado en Meis, onde dúas canteiras producen este recurso fundamental para a construción.

 

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) proxecta  o seu documental Que sabes dos áridos? en colaboración co concello de Meis.


A proxección acompañarase dun coloquio posterior no que participarán Marta Giráldez, alcaldesa de Meis, traballadores das canteiras e membros da Comunidade de Montes Santa María de Paradela (Meis); onde se tratará o futuro da industria e a súa integración na contorna rural galega.


O obxectivo do documental é mostrar a realidade do sector dos áridos, que proporciona á sociedade o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego (2.800 postos de traballo en 2018) e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia cunha produción anual de 48 millóns de euros. Trátase ademais dunha industria en pleno proceso de expansión que nos últimos anos conseguiu posicionar estes produtos galegos en mercados internacionais.


Tras un ano de investigación para valorar o coñecemento que ten a sociedade galega sobre os áridos, Arigal realizou entrevistas a persoas alleas do sector e a axentes sociais coñecedores da actividade para gravar este documental en 2018, e así afondar nesta industria e no seu papel no desenvolvemento.

 

           CONVOCATORIA


    •    Data: 14 de novembro
    •    Hora de inicio: 20:00 horas
    •    Lugar: Auditorio Multiusos

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal