Melide inaugura o ciclo de proxeccións do documental Que sabes dos áridos?

Melide inaugura o ciclo de proxeccións do documental Que sabes dos áridos?

• Os veciños de Melide debateron sobre o papel dos áridos no seu concello, nun acto no que participaron o alcalde, José Manuel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas.
• O documental fai visible unha industria que produce o segundo recurso máis consumido do mundo e que dá emprego a 2.800 galegos.

 

 A Asociación Galega de Áridos (Arigal) vén de iniciar o ciclo de presentacións do seu documental Que sabes dos áridos?, unha peza divulgativa cuxo obxectivo é mostrar a importancia do sector dos áridos e a súa repercusión nos concellos nos que se asentan as súas explotacións.

A primeira parada do ciclo de proxeccións foi Melide, un concello que conta con dúas canteiras que producen áridos de grande calidade, apreciados para usos como o alabastro das vías do AVE.   

O documental permitiu aos veciños de Melide achegarse á realidade do sector dos áridos, que proporciona á sociedade o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego (2.800 postos de traballo en 2018) e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia cunha produción anual de 48 millóns de euros.  

Co obxectivo de afondar nas impresións provocadas polo documental, tras a proxección levouse a cabo un coloquio no que participaron os veciños de Melide; o alcalde, José Manuel Pérez; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas; os traballadores das canteiras; e Javier González, enxeñeiro de minas e encargado da presentación do documental.

González destacou a importancia deste sector para a fixación de poboación e a creación de emprego en concellos onde apenas hai cabida para o sector industrial. Tamén fixo fincapé nas leis que rexen a minaría actual, que non son as mesmas que hai 20 anos cando non existía sensibilización ambiental. “Agora o trámite de apertura dunha explotación de áridos pode chegar ata os 8 anos”, declarou.

Pola súa parte, o alcalde mostrou o seu apoio a esta iniciativa de divulgación, incidindo en que “fai falla escoitar a todos os sectores” e en que “non se pode dicir un ‘non’ per se, senón que hai que informarse antes de ter unha valoración positiva ou negativa da minaría”. Pérez tamén salientou a importancia dos áridos na construción e no desenvolvemento de calquera comunidade. “Se eu quero construír unha pista, a materia prima ten que saír dalgún lado”, afirmou.


As próximas citas da proxección do documental serán en Baralla (Lugo) o 7 de novembro e en Meis (Pontevedra) o 14 de novembro.

 

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal