VI Xornada Responsabilidade Empresarial na Seguridade é Sáude Laboral no sector dos áridos.  - " O Director Facultativo" -

VI Xornada Responsabilidade Empresarial na Seguridade é Sáude Laboral no sector dos áridos. - " O Director Facultativo" -

        O pasado xoves, 19 de setembro, no marco incomparable do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela desenvolveuse a VI xornada de RSE organizada por ARIGAL, que nesta edición versou ao redor da figura da Dirección Facultativa. Esta figura é vital para o sector extractivo, e forma parte das súas especificidades como sector.


A apertura da xornada correu a cargo do presidente de Arigal, José Lista, e o Director Xeral de Enerxía e Minas, Don Angel Bernardo Tahoces, o cal na súa intervención de apertura, moi aplaudida polos 70 asistentes, xa desgranou os principais puntos a desenvolver ao longo da mañá, derivados da próxima aprobación da  ITC de Dirección Facultativa.


Tras a apertura, os catro relatores:


•    D. Juan Ricoy Alonso, Representante Colexio Enxeñeiros Minas do Noroeste, realizou unha exposición das principais novidades da futura ITC de Dirección Facultativa, a cal está pendente dos últimos trámites para a súa aprobación.   

•    D. A. Lucas Garcia  Blanes, do Servizo de Minas de Ourense, detallou un traballo realizado no Servizo de Minas de Ourense, de como se debe desenvolver un Documento de Seguridade e Saúde, segundo a norma existente, por ser a ferramenta principal da actividade preventiva na empresa.

•    D. Juan Carlos Morán do Pozo, Decano Colexio Enxeñeiros Técnicos Minas de Galicia, puxo encima da mesa os problemas actuais dos profesionais que exercen a Dirección Facultativa, desde o punto de vista do técnico de Minas, en base á experiencia dos seus colexiados.

•    D. Ismael  Guarner Peralta, Xefe Área Seguridade Mineira. Subdirección Xrl. Minas. MITECO, efectuou unha presentación eminentemente práctica de que é o que se espera dunha Dirección Facultativa por parte da administración central.



Tras un café cortesía de Ibersys, colaborador habitual de ARIGAL, desenvolveuse unha interesante mesa de debate, moderada polo Asesor xurídico de Arigal, Don Julio Cesar Valle, e que contou coa participación dos anteriores relatores e un representante da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

 

 

 

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal