As reunións desenvolvéronse no Parlamento Europeo, este martes.
Na reunión participaron 6 eurodeputados españois, dos diferentes grupos parlamentaruios.
Unha representación da Asociación Galega de Áridos ( Arigal) desprazouse ata Bruxelas, co obxecto de desenvolver varias reunións cos representantes españois nas institucións europeas.
Así, esta mañá reuníronse cos eurodeputados Nicolás Gonzalez Casares (PSOE), Izaskun Bilbao Bandarica (PNV), Pilar del Castillo (PP) e Hermman Terstch ( VOX), e tras unha breve presentación do sector extractivo, detalláronse as actuais problemáticas do sector, como a inseguridade xurídica, os eternos prazos de tramitación (un prazo medio de 7 anos), a dificultade de acceso ao recurso, entre outros.
Tras un produtivo debate, tanto a eurodeputada Pilar del Castillo como Izaskun Bilbao Bandarica. emprazaron aos representantes do sector á elaboración dun informe detallado das dificultades crave sobre as que se pode actuar desde a UE, destacando a posibilidade de consultar á Comisión Europea sobre as diverxencias na transposición das Directivas Europeas á directiva nacional, así como os graves problemas de actividades ilegais, que prexudican enormente ao sector, tanto desde un punto de vista económico, como desde o punto de vista reputacional e de imaxe.
Esta misión empresarial, englobada nunha misión sectorial nacional, continúa coas accións de internacionalización dos áridos galegos, dentro do programa Galicia Exporta Organismos Intermedios do IGAPE, onde se establecen múltiples contactos empresariais para presentar as posibilidades de exportación dos áridos galegos, grazas á súa calidade, e as instalacións loxísticas existentes.