Entre as peticións de Arigal destacan a erradicación dos áridos ilegais con medidas de control, a redución da carga burocrática apostando pola unificación e simplificación de procedementos e a aposta pola e-administración, a adopción de medidas correctoras da inseguridade urbanística e a integración da explotación de recursos naturais na planificación e ordenación do territorio.
As solicitudes normativas de Arigal, que cre que con estas medidas poderíase favorecer nos vindeiros anos o impulso dun sector que move 40 millóns de euros por exercicio e máis de 3.000 empregos, son as seguintes:
- Coordinación dos procesos derivados da Lei do Solo con outros como a declaración de espazos protexidos para integrar axeitadamente a explotación de recursos naturais a través da extración cos restantes usos de solo non urbanizable para que, á hora de planificar a ordenación do territorio, se teña en conta a riqueza mineira.
- Desenvolvemento de reformas lexislativas que harmonicen a industria extractiva coas esixencias sociais, ambientais, urbanísticas e de suficiencia financieira das entidades locais, incluíndo os plans subrexionais e de ordenación de recursos naturais. -Incorporación ao marco xurídico dun trámite de recalificación urbanística para os descubrimentos de novos recursos mineiros susceptibles de explotación.
- Eliminación da inseguridade xurídica existente, en particular coa obtención de licenzas municipais, coa adopción de medidas lexislativas.
- Concorrencia da actividade mineira con outras actividades e dereitos a través de trámites de compatibilidade e prevalencia de actividades como urbanismo, espazos protexidos, infraestruturas, xacementos arqueolóxicos ou vías pecuarias, entre outros. -Clarificación legal dos préstamos de obra civil, xa que este asunto, que está sendo obxecto de debate en Europa, xenera graves problemas económicos ao sector.
- Uniformidade nos sistemas de constitución de garantías financieiras. -Adopción legal de máis medidas de control dos áridos nos mercados e nas obras para tratar de erradicar todos os materiais ilegais, que son aqueles que carecen do marcado “CE”. Arigal xa emprendeu unha campaña informativa ao respecto ao comezo deste ano informando deste problema a 320 administracións estatais, galegas e locais.
- Mellora e simplificación dos trámites administrativos, xa que en moitas ocasións o cambio dun poste eléctrico adíase dous anos e a ampliación de canteiras chega a cinco. Arigal cre que reducir a carga burocrática, diminuíndo o intervencionismo na tramitación e reforzando a vixiancia, reactivaría a economía. Aposta polo portelo único e a subsidiariedade e por unha e-administración con procesos e criterios harmonizados.