Accións de Internacionalización dos Áridos de Galicia.Proxecto cofinanciado por Igape, Xunta de Galicia e fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do Programa Operativo 2014-2020

Acceso Memoria Proxecto.
Entrar

ACCIÓNS DE INTERNACIONALIZACIÓN DOS ÁRIDOS DE GALICIA. PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020

Acceso a memoria do Proxecto.
Entrar

Programa Re-Acciona TIC: Servizos de asitencia, diagnóstico e implantación de solucións Industria 4.0

Acceso memoria Proxecto.
Entrar

ATRAZEX

Solución para a xestión da trazabilidade dos explosivos 
Máis información

ARIGAL 360º

Acceso ó Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia
Entrar

Publicacións

Accede e descarga as nosas newsletters, memorias, folletos, etc.
Máis información

22 ANOS DEFENDENDO AO SECTOR DOS ÁRIDOS

Arigal constituiuse en 1999 para defender os intereses xerais das empresas galegas adicadas á extracción, transformación industrial e comercialización de áridos. Na actualidade, conta con 53 empresas asociadas e 24 adheridas -procedentes de sectores auxiliares-, que xeran en conxunto 3.600 postos de traballo e alcanzan cifras de negocio superiores aos 37 millóns de euros anuais.

Estas magnitudes, xunto co esforzo realizado para modernizarse e ser máis competitiva, converteron á industria dos áridos nun sector estratéxico para a economía de Galicia. A innovación nos procesos industriais, a formación dos profesionais do sector, a mellora da saúde e seguridade laboral e a responsabilidade co medio ambiente son algúns dos principais retos que afrontan os asociados de Arigal neste primeiro cuarto de século.

1
0

Cifra de empresas que integran Arigal, entre asociadas e adheridas

2
0M€

Cifra de negocio global (en millóns de euros) das empresas asociadas no exercicio de 2019

Servizos para os nosos asociados

Representatividade

Arigal integra ao 93% das empresas do sector dos áridos en Galicia e por iso é unha voz recoñecida e autorizada para falar en representación do conxunto desta industria

Formación

O Plan de Formación de Arigal é específico para profesionais do sector dos áridos e beneficia cada ano a centos de traballadores e directivos das empresas asociadas

Información

As empresas pertencentes a Arigal están puntualmente informadas sobre as novas de actualidade que lles afectan e tamén sobre as disposicións e normas publicadas nos diferentes boletíns oficiais

Promoción

No marco das relacións públicas e institucionais, Arigal ocúpase de dar a coñecer os obxectivos e logros do propio colectivo e tamén das firmas asociadas

Xestión

Entre os cometidos da asociación figura a xestión de subvencións e achegas públicas que permitan desenvolver proxectos de interese para os asociados en áreas como o medio ambiente, a seguridade mineira, a formación, etc.

Asesoría

Arigal proporciona aos asociados asesoramento especializado, técnico, xurídico, fiscal, etc.

Innovación

Arigal lidera diversos proxectos de innovación orientados a modernizar o funcionamento das empresas asociadas para facelas máis eficaces e competitivas. Entre todos eles destaca Atrazex

Comunicación

Arigal conta cunha consultoría externa para xestionar a relación cos medios, a edición de publicacións, aspectos da comunicación interna, etc.

EMPRESAS ADHERIDAS

Entre as máis de 78 empresas que conforman a Asociación Galega de Áridos atópanse un total de 25 firmas procedentes de sectores auxiliares.

Coñece a nosa aplicación ATRAZEX

Unha solución tecnolóxica promovida por Arigal para reforzar o control e a seguridade na xestión dos explosivos

Esta ferramenta tecnolóxica permite cumprir toda a normativa, unha xestión eficiente dos explosivos e o control en tempo real dos stocks
A exitosa aplicación promovida por Arigal copa as explotacións galegas e segue a extenderse no resto de España
Caso de éxito
En menos de dous anos, esta aplicación tecnolóxica impulsada por Arigal pasou de ser unha demanda dos profesionais da minaría a converterse nun referente de innovación dentro do sector dos áridos a nivel nacional (emprégana xa máis de 440 canteiras de 17 comunidades autónomas).

VIDEO PROMOCIONAL

Unha alternativa propia en resposta á insuficiente oferta de sistemas de xestións existentes no mercado

A comezos de 2014, as canteiras atopáronse co problema de ter que controlar a trazabilidade dos explosivos sen que o mercado proporcionase ningún sistema de xestión suficientemente eficaz e cun prezo asequible

Implementación en canteiras piloto de Galicia e Cataluña desde marzo de 2015

A aplicación tecnolóxica promovida por Arigal desenvolveuse nun prazo récord e comezou a ser implantada no primeiro trimestre de 2015 tras diversas probas de campo e xornadas formativas

Unha solución utilizada por máis de 430 canteiras de 17 comunidades autónomas

Na actualidade, Atrazex é unha aplicación totalmente consolidada no sector dos áridos en Galicia e segue a extenderse no resto de España, onde alcanza xa as 430 empresas usuarias 

NOVAS RECENTES

CARTOGALICIA incorpórase a ARIGAL, como membro adherido

CARTOGALICIA incorpórase a ARIGAL, como membro adherido

CARTOGALICIA é unha empresa que conta cunha oferta integral de servizos relacionados coa topografía, fotogrametría, láse...

XORNADA INFORMATIVA SÍLICE CRISTALINA  RESPIRABLE: NOVIDADES LEXISLATIVAS E NOVAS ESIXENCIAS PARA AS EMPRESAS

XORNADA INFORMATIVA SÍLICE CRISTALINA RESPIRABLE: NOVIDADES LEXISLATIVAS E NOVAS...

Organizada pola CONFEDERACIÓN DE INDUSTRIAS EXTRACTIVAS DE ROCAS E MINERAIS INDUSTRIAIS – COMINROC e que terá lugar o xo...

ERIMSA AVOGA POLA MINERÍA SOSTIBLE COMO UNHA DAS CLAVES PARA AFRONTAR O RETO DA TRANSICIÓN ECOLÓXICA

ERIMSA AVOGA POLA MINERÍA SOSTIBLE COMO UNHA DAS CLAVES PARA AFRONTAR O RETO DA...

-Como referente en minería moderna e sostible, o director xeral, José Antonio Valencia, participou nun foro nacional sob...

O SECTOR DOS ÁRIDOS, E AS EMPRESAS DA CONSTRUCCIÓN LUCENSES AÚNAN ESFORZOS

O SECTOR DOS ÁRIDOS, E AS EMPRESAS DA CONSTRUCCIÓN LUCENSES AÚNAN ESFORZOS

• Alberto Novoa, presidente de Arigal: “Debemos traballar unidos para maximizar resultados”• José Bouso, presidente de A...

DIR LIUGONG ABRE UNHA NOVA BASE NO NORTE DE ESPAÑA

DIR LIUGONG ABRE UNHA NOVA BASE NO NORTE DE ESPAÑA

- A empresa cumpre co seu proxecto de expansión coa apertura no primeiro semestre do ano da súa nova base en Asturias e...

O QUE DIN DE ARIGAL

Esta é unha pequena escolma de opinións sobre Arigal manifestadas por diferentes representantes públicos e/ou profesionais relacionados co labor e as actividades da asociación:
Como organización sectorial, Arigal comeza a ser un referente para as empresas na utilización do galego nas súas distintas ferramentas de comunicación, que é un dos obxectivos que perseguimos co Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico 2015-2020
Valentín GarcíaValentín García Secretario xeral de Política Lingüística

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 74 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2019 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 51,2 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal