Isabel Rodríguez resalta o empeño do Goberno na formación dos traballadores para mellorar a seguridade laboral

Isabel Rodríguez resalta o empeño do Goberno na formación dos traballadores para mellorar a seguridade laboral

- O Goberno dedica 2,3 millóns á mellora da seguridade mineira

- A subdelegada visitou unha canteira de Prebetong na que se imparte un curso subvencionado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

- En Galicia, o Ministerio inviste este ano 40.600 euros para mellorar a formación de 157 traballadores

- O sector de canteiras facturou o ano pasado 10,25 millóns de euros na provincia e dá emprego a máis de 300 traballadores


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, resaltou o empeño do Executivo en mellorar a formación dos traballadores para a prevención de riscos laborais e destacou a importancia de que as empresas compartan esta necesidade. Neste sentido, destacou a convocatoria de axudas por importe de 2,3 millóns de euros este ano do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a mellora da seguridade mineira en dúas liñas destinadas a investimentos materiais e a formación dos traballadores.

Isabel Rodríguez efectuou hoxe unha visita á canteira que ten a empresa Prebetong na parroquia lucense de Santa María de Bóveda, onde se imparte un curso de seguridade mineira subvencionado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que imparte a Asociación Galega de Áridos (ARIGAL). Na visita estivo acompañada polo director da Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, Javíer Domínguez; así como polo peresidente e o director de ARIGAL, Alberto Novoa e Carlos Martínez; e polo director de Prebetong Hormingóns e áridos, o director facultativo e o xefe de canteiras da Zona Norte de Prebetong Lugo, Andrés Lago, Francisco Rego e David Pazos, respectivamente.

Rodríguez informou de que este é un dos cursos financiados polo Ministerio que este ano concedeu axudas por importe de 40.605 euros a entidades galegas como a Asociación Galega de Áridos para a formación de 157 traballadores. Desde 2019, son 1.052 os traballadores do sector da minería en Galicia que reciben formación para aumentar a súa seguridade laboral grazas a estes cursos aos que o Goberno destinou un investimento, en Galicia, de 150.946 euros.

A actividade formativa que visitou hoxe a subdelegada corre a cargo de ARIGAL, entidade que representa ao 93% das empresas de canteiras e empresas auxiliares do sector de áridos en Galicia. Trátase dun curso de Soporte Vital Básico e manexo de DESA (Desfribrilador Externo Semiautomático), con 5 horas de duración e no que participan 10 traballadores da empresa Prebetong Lugo.

 



A subdelegada destacou a importancia fundamental da formación neste sector de gran peso para o emprego e a economía da provincia. En total son 20 as canteíras e graveiras existentes na provincia de Lugo, que representan o 27% das existentes en Galicia. No ano 2020 a súa produción foi de 2 millóns de toneladas, que supoñen o 22,5% de Galicia. A súa facturación o último ano foi de 10,25 millóns de euros.

En canto ao emprego, o sector xera 225 empregos directos na provincia aos que hai se engaden outros 80 postos de traballo indirectos.

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal