ERIMSA AVOGA POLA MINERÍA SOSTIBLE COMO UNHA DAS CLAVES PARA AFRONTAR O RETO DA TRANSICIÓN ECOLÓXICA

ERIMSA AVOGA POLA MINERÍA SOSTIBLE COMO UNHA DAS CLAVES PARA AFRONTAR O RETO DA TRANSICIÓN ECOLÓXICA

-Como referente en minería moderna e sostible, o director xeral, José Antonio Valencia, participou nun foro nacional sobre materias primas estratéxicas para expoñer o modelo que practica a compañía desde hai máis de 40 anos

Erimsa lidera en Galicia un proxecto mineiro respectuoso co medio ambiente e compatible coas actividades económicas tradicionais no medio rural: a agricultura, a gandería e o aproveitamento forestal. Como exemplo de minería moderna e sostible, o director xeral da compañía, José Antonio Valencia, foi convidado ao 1 er Ciclo de mesas redondas sobre “Materias Primas Críticas” organizadas polo Instituto de Enxeñería de España, coa colaboración da Asociación para a Transición Enerxética e a  CEOE.

Desde diferentes perspectivas e coa participación de profesionais de diversos ámbitos, o debate virou ao redor de que materias primas son estratéxicas para a innovación e o  progeso social, económico e sostible; e como España pode garantir a súa subministración, #ante a evidencia da fraxilidade dun modelo produtivo e de consumo dependente das importacións.

Baseándose na propia filosofía empresarial de  Erimsa, José Antonio Valencia, destacou que apostar por un modelo de extracción de recursos naturais como o que desenvolve a compañía desde hai máis de 40 anos pode ser unha das claves para afrontar a transición ecolóxica e asegurar a subministración de materias primas estratéxicas. Unha delas é o silicio, que procede do cuarzo, mineral que a compañía extrae nas súas concesións de Galicia e Castela e León.  As súas múltiples aplicacións son o motor que impulsa a innovación en mobilidade eléctrica, comunicacións dixitais, saúde e na creación de contornas urbanas intelixentes e sostibles.

“Os recursos non son renovables, polo que hai que buscar un método que permita reutilizalos ao 100%”, apuntou o director xeral de  Erimsa, que profundou no concepto de minería moderna que practican e que contribúe ao avance da sociedade. “Nos recursos naturais que extraemos da terra, como o cuarzo, está a orixe de numerosos elementos que nos resultan imprescindibles na vida cotiá”.  

José  Antono Valencia defende esta modernización pero non a calquera prezo. Coa actividade mineira moi regrada e regulada en España e a nivel europeo, considera que é necesario seguir mellorando en sustentabilidade: “A nosa actividade ten a obrigación de deixar a mínima pegada ambiental posible. No caso dos plans de restauración, non é suficiente que cumpran a normativa española e europea, senón que teñan integración paisaxística total, que preserven a biodiversidade que había anteriormente. Así é como traballamos nós”.



Responsabilidade coa contorna
A necesidade de respectar a sustentabilidade social e ambiental é unha das conclusións ás que se chegou no foro, no que se puxo de manifesto a importancia do compromiso de todas as compañías mineiras e da industria coas comunidades locais a través do retorno da riqueza aos seus territorios. Xerar emprego de calidade e estable é unha das fórmulas sinaladas para crear valor e que as empresas actúen desde o imperativo da responsabilidade coa contorna.

Os expertos tamén evidenciaron que as prioridades europeas e as españolas para a recuperación económica coinciden: acelerar a transición verde (enerxías renovables e mobilidade eléctrica). Afianzar o liderado nacional en industrias craves é outro dos obxectivos para cumprir. Coinciden, ademais, en que é necesario adoptar unha estratexia para o aprovisionamento de materias primas críticas para as industrias esenciais co horizonte da transición enerxética e dixital, potenciando a explotación dos recursos minerais nacionais, xa que pode ser a oportunidade para o país de converterse nun provedor de primeira orde.




SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal