ENERXÍA E MINAS Necesitamos enxeñeiros/as en enerxía e recursos minerais

ENERXÍA E MINAS Necesitamos enxeñeiros/as en enerxía e recursos minerais

A sociedade necesita enxeñeiros/as en enerxía porque é necesario proporcionar servizo de enerxía aos ámbitos doméstico e industrial. E ademais facelo acoutando os efectos que sobre o clima teñen a produción e o uso de enerxía.
 
Para dar resposta a esta necesidade na Escola de Ingeriería de Minas e Energia (http://minaseenerxia.uvigo.es/es/) imparten o Grao en Enxeñería da Enerxía, única titulación de grao en Galicia que forma a especialistas neste ámbito: enxeñeiros e enxeñeiras capaces de deseñar, optimizar e dirixir tecnicamente os procesos tecnolóxicos que van desde a xeración da enerxía ata o nivel de usuario de enerxía térmica ou eléctrica (produción, almacenamento, transporte, distribución, mercados).
 
Un sector en expansión no que a empregabilidade é moi elevada. Na mesma liña, os enxeñeiros/ as de recursos minerais han de prover á industria das materias primas necesarias para fabricar as tecnoloxías antes mencionadas e as asociadas á dixitalización dos procesos industriais.
 
No Grao en Enxeñería dos Recursos Mineiros e Enerxéticos fórmase a profesionais que coñecen os usos dos recursos minerais e os procesos tecnolóxicos asociados á súa procura, extracción e transformación, capaces de expor solucións compatibles co medioambiente e que coñecen as tecnoloxías de reciclaxe, renovación e reutilización de residuos mineiros e industriais. Trátase dunha titulación única en Galicia que habilita para a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico/a de minas.
 

LER MAIS:  ENLACE Ó FARO DE VIGO

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal