OS MINEIROS DE TOURO - O PINO INTÉGRANSE NA PLATAFORMA POLA FORMACIÓN PROFESIONAL PROMOVIDA POR ARIGAL

OS MINEIROS DE TOURO - O PINO INTÉGRANSE NA PLATAFORMA POLA FORMACIÓN PROFESIONAL PROMOVIDA POR ARIGAL

O pasado 2 de xuño a Asociación Galega de Áridos reuniuse coa Asociación de Traballadores Mineiros Touro - O Pino para asinar un convenio para a integración da Asoc. Mineiros Touro na plataforma pola formación profesional no eido mineiro que promove Arigal.

A Asociación de Traballadores Mineiros Touro - O Pino traballa fundamentalmente para promover a industria na súa comarca, na que a mineira ten unha fundada base territorial, contribuíndo ó desenrolo económico e social sostible, defendendo o traballo no sector mineiro e primando a sustentabilidade e compatibilidade sociolóxica e medioambiental da minería con outros sectores primarios da economía da zona, e de Galicia no seu conxunto, baixo un marco nacional e internacional.

Ante o declive demográfico do rural galego ámbalas entidades poñen de manifesto a necesidade de promover un desenrolo económico, baseado na explotación de tódolos recursos naturais agrícolas, gandeiros, forestais e do subsolo e complementado pola creación de industrias que engadan valor económico aos nosos recursos.

Este desenrolo ten que facerse seguindo estrictos criterios de sustentabilidade medioambiental, social e económicos, de xeito que sirva para crear postos de traballo estables e asentar poboación nos concellos de Touro e O Pino e en todo o rural galego.

Pero para que este desenrolo sexa posible, un pilar fundamental é a formación profesional dos traballadores; e por elo, Arigal está promovendo unha plataforma para impulsar a implantación en Galicia do ciclo de sondeos e operacións mineiras en réxime de formación profesional dual.

A plataforma conta co apoio das mais importantes empresas de áridos de Galicia así como compañías de sondeos, excavacións, constructoras e operadoras portuarias, ás que agora se une a Asociación de Mineiros de Touro – O Pino.  

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal