ARIGAL reúnese con Francisco Conde, Conselleiro de Economía

ARIGAL reúnese con Francisco Conde, Conselleiro de Economía

Na tarde de onte, unha representación de ARIGAL mantivo unha vídeo chamada con D. Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e D. Ángel Bernardo Tahoces, Director Xeral de Enerxía e Minas, co obxectivo de analizar o impacto actual e futuro, da pandemia COVID-19 no sector extractivo dos áridos.

O Secretario de Arigal, D. Roberto Almuiña, detallou o avance dos resultados e os niveis de actividade das nosas canteiras, extraídos da enquisa que se está realizando ás empresas produtoras de áridos, a nivel autonómico e nacional:

 

PERÍODO NIVEL   DE
 ACTIVIDADE
  GALICIA     ESPAÑA
16 - 27 MARZO 57%        57%
30 MARZO - 9 ABRIL 17%        29%
13 - 20 ABRIL  49%        49%

 
Co fin de paliar a difícil situación que afrontan as nosas empresas, demandouse unha progresiva volta á normalidade produtiva, garantindo sempre a seguridade da saúde dos traballadores, a cuxo fin se propuxeron as seguintes medidas:

         1.  GARANTÍA DE SEGURIDADE DA SAÚDE DOS TRABALLADORES DA MINERÍA
                a.  Garantía de dispoñibilidade de  EPIS, ensaios de detección , termómetros e outros,  a prezos razoables
                b.  Revisión por parte da inspección de traballo ou do  ISSGA das medidas adoptadas,
         2.  REACTIVACIÓN URXENTE E CONTROLADA DA ACTIVIDADE CONSTRUTIVA
                a.  A curto prazo:
                     i. Necesidade urxente de que as distintas Administracións, activen os traballos de certificación das obras executadas para garantir a subsistencia dos nosos clientes e a das nosas empresas.
                     ii. Adxudicación e execución urxente de obras xa licitadas
                     iii. Esixencia do cumprimento de pagos pendentes
                b.   A medio prazo:
                     i.  Liñas de crédito específicas para o sector,
                     ii. Medidas efectivas para a  flexibilización e axilización da tramitación administrativa,
                     iii. Na actualidade, as 70 canteiras e  graveras de Galicia, están todas operativas, pero a ameaza do peche temporal de explotacións, está aí polo que é imprescindible flexibilizar os  ERTE´s e ERE´s, e acompañalo de medidas de suspensión das obrigacións con Facenda e SS e de contratos de enerxía eléctrica.

 

INTERVENCION DO Sr. CONSELLEIRO

Tras esta exposición detallada, o Sr. Conselleiro transmitiunos a plena consciencia da Xunta do gran esforzo que están a realizar as empresas do sector  dos  Aridos,  para poder manter o 100% dos seus persoais, polo escaso número de  ERTE´ s solicitados. Tamén destaco que o 90% dos  ERTES solicitados hanse resolvido positivamente, e mediante resolución da Autoridade Laboral, o que redunda nunha maior seguridade xurídica.

Igualmente, confirmou que desde a Xunta, deuse orde á  Axencia  Galega de Infraestruturas a reactivar todas as obras de construción, executar todo o licitado, e axilizar licitacións, destacando que ata a data, reactiváronse 500 obras en Galicia.

No referido ás liñas de financiamento do circulante para paliar a difícil situación actual, explicou que ademais das liñas  ICO do estado, a Xunta  a través do IGAPE puxo en marcha unha orde de axudas para acceso a Liquidez, dirixida ás Pemes, por medio de préstamos avalados polas Sociedades de Garantía  Recíproca, cun prazo de amortización de 4 anos cun de carencia e cuxos intereses estarán totalmente subvencionados polo IGAPE. Máis información nesta ligazón:

https:// ceei. xunta. gal/coronavirus/ axudas- economicas

Á petición de maior axilidade administrativa, tanto o Sr. Conselleiro, como o Director Xeral de Enerxía e Minas, asumiron a necesidade de dar maiores impulsos, comprometéndose, en canto volvamos a unha relativa normalidade,  aseguir estudando as peticións, co obxectivo de conseguir a imprescindible seguridade xurídica, con grupos de traballo, como en anteriores ocasións.

Finalmente, o Sr. Conselleiro propuxo a continuación da colaboración entre Consellería e  ARIGAL para  o seguimento da evolución da pandemia e a súa afección á nosa actividade empresarial.


 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal