A industria extractiva dos áridos está a realizar un importante esforzo por aplicar os principios e conceptos básicos do desenvolvemento sostible nas súas empresas (explotacións mineiras ao descuberto,plantas de tratamento, etc.)
Os Premios Nacionais FDA de Desenvolvemento Sostible en Canteiras e Graveras da Federación de Áridos, da que ARIGAL é membro, teñen como obxectivo promover unha correcta xestión dos aspectos que integran o desenvolvemento sostible –medio ambiente, social (incluíndo a prevención de riscos laborais) e economía, sen esquecer a conservación da biodiversidade- nas diferentes etapas do proceso de produción de áridos e fomentar, entre as Empresas Membro e Empresas Membro Adherido das Asociacións que integran a FDA, o compromiso coa contorna social e coas xeracións futuras.