O VI Congreso Nacional de Áridos celebrarase do 26 ao 28 de maio de 2021 en Oviedo

O VI Congreso Nacional de Áridos celebrarase do 26 ao 28 de maio de 2021 en Oviedo

•    A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía de Madrid acolleu a primeira reunión dos comités do congreso

•    A pasada edición do congreso, celebrada en 2018 en Santiago de Compostela, reuniu a máis de 800 persoas


Madrid, 13 de febreiro de 2020.- Esta mañá, na Escola Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía de Madrid, reuníronse os diferentes comités – organizador, científico e de medios de comunicación – para expoñer os traballos iniciais e o plan de preparación da VI edición do Congreso Nacional de Áridos, que se celebrará do 26 ao 28 de maio de 2021 no Palacio de Exposicións e Congresos de Oviedo. A esta reunión asistiu a directora xeral de Enerxía, Minería e Reactivación do Principado de Asturias, María  Belarmina Díaz Augado, quen asegurou o apoio que o goberno do Principado de Asturias ofrece para que “este evento sexa todo un éxito e unha gran oportunidade para o sector”. Tamén se conta co apoio decidido do Concello de Oviedo.

Proximamente, celebrarase formalmente, en Oviedo, a rolda de prensa de presentación da VI edición do Congreso Nacional de Áridos.

O VI Congreso está a orientarse como un foro da máxima actualidade, dirixido fundamentalmente a empresarios, profesionais - científicos e técnicos -, relacionados co sector dos áridos, onde poidan resaltarse as liñas mestras de futuro para esta industria extractiva básica para a sociedade. As áreas temáticas que se incluirán no Congreso recollerán todos os ámbitos de actividade relacionados co sector dos áridos, desde as etapas previas ao comezo dunha nova explotación ata os produtos para a construción aos que se destinan.

Tras o éxito dos congresos celebrados en Zaragoza, Valencia, Cáceres, Madrid e Santiago de Compostela en 2006, 2009, 2012, 2015 e 2018 respectivamente, coa asistencia de preto de 800 Congresistas en cada ocasión, a participación de preto de 60 expositores comerciais, e cun elevado número de relatorios e comunicacións presentadas, mantense a periodicidade  trienal desta iniciativa, para dar un impulso ao sector extractivo dos áridos achegándoo, cada vez máis, aos criterios que conforman o marco do desenvolvemento sostible dunha actividade moderna e necesaria para a sociedade.



 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal