ERIMSA OBTEN O RESPALDO DO SECTOR Á SÚA MINERÍA MODERNA E SUSTENTABLE CON DOUS PRIMEIROS PREMIOS QUE RECOLLERÁ NO CONGRESO NACIONAL DE ÁRIDOS

ERIMSA OBTEN O RESPALDO DO SECTOR Á SÚA MINERÍA MODERNA E SUSTENTABLE CON DOUS PRIMEIROS PREMIOS QUE RECOLLERÁ NO CONGRESO NACIONAL DE ÁRIDOS

A Federación Española de Áridos, a través dun xurado independente, apoia as boas prácticas ambientais que desenvolve a compañía en Ordes con dous galardóns no marco da cita que acolle Santiago de Compostela do 24 ao 26 de outubro.
 
A filosofía empresarial de Erimsa, baseada nunha minería moderna e sustentable, vese referendada polos dous primeiros premios, nas categorías de “boas prácticas ambientais” e “seguridade e saúde”, que lle outorgou un xurado independente, composto por profesionais científicos e técnicos, e que recollerá no marco do V Congreso Nacional de Áridos.
 
Esta cita de referencia internacional, que terá lugar do 24 ao 26 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, está organizada pola Federación Española de Áridos (FDA), a máis representativa da minería, xunto coas súas asociacións membro, entre as que se atopa a Asociación Galega de Áridos (Arigal).
 
O máximo recoñecemento na categoría ambiental apoia o labor de extracción de cuarzo que levou a cabo Erimsa en Frades e a comarca de Ordes no últimas tres décadas. A compañía emprega o sistema do cribado.
 
Esta técnica, respectuosa co medioambiente, posibilita a devolución das leiras aos propietarios en condicións idénticas ou mesmo mellores.
 
Erimsa posúe máis de 800 documentos que acreditan a entrega dos terreos en perfectas condicións aos seus donos, cos que sempre subscribe acordos voluntarios de aluguer. A compañía considera prioritaria esta metodoloxía, completamente compatible coas actividades económicas tradicionais (agrícola, gandeira e forestal), que vén implementando desde hai máis de 30 anos sen que se rexistraron incidentes.
 
Por outra banda, a FDA recoñece as medidas adoptadas por Erimsa no seu centro de produción de Castelo (Pontevedra), coas que logrou erradicar a emisión de po de sílice nunha das súas cabinas.Ambos os proxectos, seleccionados entre propostas remitidas por compañías de 9 comunidades autónomas, foron seleccionados pola FDA para concorrer aos Premios Europeos de Desenvolvemento Sustentable que convoca en 2019 a Unión Europea de Produtores ( UEPG).
 
Estes galardóns súmanse ao 1º Premio de Medio Ambiente FDA e o certificado europeo á excelencia que obtivo Erimsa polo seu proxecto de recuperación na concesión “Villalba I” (Begonte). O V Congreso Nacional de Áridos está impulsado pola FDA, que aglutina a preto de 700 compañías nacionais e internacionais e a 1.100 explotacións de áridos.
 
O Rey Felipe VI ostenta a presidencia de honra do Congreso, que este ano se celebra baixo o lema “Comprometidos coa sociedade”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será o encargado de clausurar a cita, na que se agarda a presenza de numerosas autoridades e personalidades nacionais e internacionais.

 

 

 

 

 

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal