ECO Revista do Eixo Atlántico dedica a entrevista do seu número de xaneiro ao director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Diego López.
A través de cinco páxinas, a publicación ofrece un percorrido polos temas de máis actualidade da minaría galega, baixo a análise do organismo que representa o sector extractivo do país.
O sector ten por diante ser visto sen prexuízos e conseguir recuperar o emprego perdido. A nova Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais de Galicia pode axudarlles ao segundo destes obxetivos pero o primeiro é outra causa: a negra sombra dun carbón que aquí nunca houbo e os medos á contaminación son lousas difíciles de levantar,pero confían que non imposibles.
O 5 de decembro os votos do PP tombaban unha proposta parlamentaria para denegar a reapertura da actividade mineira en Touro e O Pino. Por que esta oposición?
Porque estase a xerar unha alarma social antes de que os técnicos emitan os informes. É sorprendente, aínda máis cando talamos dunha explotación en activo durante décadas que nunca xerou os desastre que hoxe auguran, malia utilizar técnicas menos avanzadas e cun marco menos esixente. Se o proxecto non é ambientalmente viable, denegarase. Como calquera actividade ternos que compatibilizar desenvolvemento con protección, e máis na minaría. E para determinalo está a avaliación ambiental.
Témese que afecte a 500 hectáreas de terreo. Non hai perigo para as augas subterráneas cos xacemcntos de cobre?
Non ten porqué, se se fan ben as cousas. En Galicia ternos dous exemplos a nivel mundial de explotación e rehabilitación ambiental: os lagos das Pontes e Meirama. O de Meirama abastecerá de auga potable a comarca da Coruña, o que fala da súa calidade. As explotacións mineiras están abrigadas a informar anualmente das actividades e de presentar garantías financeiras para asegurar a rehabilitación do espazo afectado antes de iniciar os traballos.
Os riscos compensan os beneficios?
Segundo o Ministerio de Medio Ambiente é un dos sectores que menos C02 achega e menos contamina as augas. Contamos con máis de 60 explotacións cuxo impacto ambiental non impediu a súa inclusión na Rede Natura 2000. Aínda así, os riscos que se poidan xerar están cubertos coas garantías financeiras obrigatorias constituídas antes do inicio das actividades. Se os riscos non se poden cubrir, o proxecto xa non se aproba. A minaría fornece industria, construción, sector enerxético e ata ao sector agrícola e gandeiro. O consumo per cápita de minerais no mundo supera os 6,4 quilogramos diarios por habitante sen contar os materiais de construción: en Galicia, só de autóctonos, supéranse os 8,5 quilogramos por galego ao día. Non consumimos 15 quilos ao día de alimentos pero si de minerais.
Entón, por que sempre xera tanta polémica calquera apertura ou reapertura?
Porque somos tremendamente descoñecidos: a maior parte da poboación asocia a minaría coa do carbón, inexistente en Galicia, ou coa explotación incontrolada de países terceiromundistas. Pero esa non é a realidade. Entre os principais países produtores están Estados Unidos, Canadá, Australia e a Unión Europea mantendo os máximos estándares en protección ambiental e seguridade laboral. E a minaría forma parte da identidade galega. Somos pedra e auga. Dende os primeiros aproveitamentos de estaño antes da romanización, ata áridos e rochas ornamentais coas que lle demos forma ao noso patrimonio, pasando polos seixo e as augas termais, a minaría está ligada á nosa idiosincrasia como pobo. E continúan traballando preto de 300 explotacións que xeran riqueza no medio rural.
Cal é a relación entre minería e augas minerais e termais?
Que tamén son recursos xeolóxicos regulados pola Lei de Minas. Para o seu aproveitamento utilízanse técnicas mineiras e, en Galicia, dada a importancia para balnearios e bebida, desenvolveuse lexislación propia.
Por que tedes tantas esperanzas postas na nova Lei de Fomento de Iniciativas Ernpresariais de Galicia?
Porque actualiza a Lei de Ordenación da Minaría de Galicia adaptándoa ás novidades lexislativas europeas e estatais e introduce mecanismos para axilizar a tramitación de dereitos mineiros sen menoscabo da protección do medio ambiente. De feito incrementa o número de administracións ás que selles pide informe. Tamén amplíanse as modalidades de garantías admisibles para asegurar a rehabilitación do espazo minimizando o impacto financeiro para as empresas.
Iso traducirase en máis emprego ou novos proxectos?
Pois esperamos que dinamice o sector cun crecemento dun 23 %, o que suporía 830 novos empregos ademais de desafectar do dominio público mineiro máis de 215.000 hectáreas.
Agora hai en tramitación na Consellería de Economía 109 expedientes de novas explotacións. Canto se tarda en dar ou denegar unha?
Como están sometidas á valoración de todas as administracións competentes leva máis de 5 anos de media dende a solicitude ata a resolución, aprobatoria ou denegatoria. E máis de 3 anos para os proxectos de investigación. lmaxina o que supón para unha peme. A nova lei elimina duplicidades establecendo un informe único e obrigándolle ao solicitante a presentar, xunto coa solicitude do dereito mineiro, toda a documentación. Así que esperamos que reduza considerablemente o tempo.
E sendo realistas, cantos "sies" podería haber?
É moi difícil facer unha estimación máis ou menos acertada ... depende do método de explotación, da situación, dos dominios públicos e da viabilidade técnica e económica. Pero segundo datos históricos e a miña impresión, diría que menos do 30%.
Canto emprego xerades?
Pois o sector emprega a máis de 4.600 traballadores de xeito directo malia perder máis de 2.200 pastos dende 2007 pola crise. Os xacementos están onde os creou a natureza e a práctica totalidade sitúanse no rural, polo que axudan a evitar o despoboamento xerando traballo de calidade. A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo forma profesionais capaces de dirixir proxectos compatibles co medio e integrados no territorio, porque máis do 90 % dos titulares de dereitos en Galicia son pemes galegas. E con efecto tractor na industria como ocorreu no Porriño e Valdeorras.
A lousa é, digamos, a gran ema galega. ¿Pero hai outros recursos que poidan resultar tan rendibles?
A verdade é que o liderado mundial da lousa, con máis do 30 % da produción mundial para cubertas, é difícil de replicar. Pero por suposto que hai máis produtos mineiros galegos atractivos como o seixo, co 22,5 % das exportacións mundiais, ou o subsector balneario co 28 % de cota de mercado en España.
Tamén lideramos as exportacións españolas de granito ornamental co 94 % en bruto e o 86 % transformado. Pero ternos importante potencial mineiro non posto en valor.
Por exemplo?
En 2010 a Comisión Europea analizou a repercusión de máis de 40 materias primas minerais concluíndo que os sectores industriais que dependen directamente de minerais non enerxéticos representan o 70 % da industria europea. Dos minerais analizados 20 clasifícanse como críticos, dada a importancia que teñen e a súa dificultade de abastecemento. E en Galicia hai indicios, recursos ou reservas de 7 deles, pero só 3 están en explotación.
Qué posibilidade reais hai de aproveitar a xeotermia?
Xa hai moitas edificacións nas que se instalaron bombas de calor para calefacción,auga quente sanitaria e climatización, é unha enerxía limpa e de probada eficiencia.
Pero hai zonas máis óptimas para o suu uso que outras?
Aproveitar a calor natural do solo depende do terreo e, en xeral, a xeoloxía galega é favorable. Pero sempre analízase antes a resposta térmica segundo cada caso.
Canto tarda en amortizarse?
Poden amortizarse en 5 ou 6 anos en función do tamaño da instalación.
De que falamos cando falamos de patrimonio mineiro?
De restos materiais e inmateriais con valor histórico, tecnolóxico, arquitectónico, social ou científico.
E cal ternos en Galicia?
Pois a nosa longa historia mineira deixou numerosos vestixios. O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España seleccionou 98, entre eles minas, portos, tornos de cal, ferrarías e fábricas de ferro e cerámica. Pero asumindo o risco de meterme nunha lea polos que deixo fóra, destaco Montefurado en Quiroga pola minaría do ouro romana, os poboados mineiros de San Finx, en Lousame, e Fontao, en Vila de Cruces, como exemplo da minaría do volframio de principios do século XX, o tren mineiro en Ribadeo e os restos das instalacións de transporte da mina de Laxe. E ternos que engadir os lagos de Meirama e As Pontes e os balnearios históricos, en uso na maioría dos casos.
Cambiará máis pronto que tarde a imaxe que o sector ten?
lso espero. Traballadores, técnicos, empresarios, centros de formación e administración ternos que facer un esforzo en contrarrestar a mala imaxe xerada por accidentes de hai 30 anos ou noutros continentes. A coartada para xerar rexeitamento a un sector milenario que en Galicia xerou e xera solo industrial, urbano, agrícola e gandeiro, espazos naturais e infraestruturas. Como en calquera actividade humana poder haber erros, pero son moitísimos máis os éxitos.