Accións de Internacionalización dos Áridos de Galicia.Proxecto cofinanciado polo Igape, Unión Europea e Fondos Europeos.

Acceso Memoria Proxecto.
Entrar

ACCIÓNS DE INTERNACIONALIZACIÓN DOS ÁRIDOS DE GALICIA. PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020

Acceso a memoria do Proxecto.
Entrar

Programa Re-Acciona TIC: Servizos de asitencia, diagnóstico e implantación de solucións Industria 4.0

Acceso memoria Proxecto.
Entrar

ATRAZEX

Solución para a xestión da trazabilidade dos explosivos 
Máis información

ARIGAL 360º

Acceso ó Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia
Entrar

Publicacións

Accede e descarga as nosas newsletters, memorias, folletos, etc.
Máis información

25 ANOS DEFENDENDO AO SECTOR DOS ÁRIDOS

Arigal constituiuse en 1999 para defender os intereses xerais das empresas galegas adicadas á extracción, transformación industrial e comercialización de áridos. Na actualidade, conta con 48 empresas asociadas e 26 adheridas -procedentes de sectores auxiliares-, que xeran en conxunto 3.600 postos de traballo e alcanzan cifras de negocio superiores aos 37 millóns de euros anuais.

Estas magnitudes, xunto co esforzo realizado para modernizarse e ser máis competitiva, converteron á industria dos áridos nun sector estratéxico para a economía de Galicia. A innovación nos procesos industriais, a formación dos profesionais do sector, a mellora da saúde e seguridade laboral e a responsabilidade co medio ambiente son algúns dos principais retos que afrontan os asociados de Arigal neste primeiro cuarto de século.

1
0

Cifra de empresas que integran Arigal, entre asociadas e adheridas

2
0M€

Cifra de negocio global (en millóns de euros) das empresas asociadas.

Servizos para os nosos asociados

Representatividade

Arigal integra ao 93% das empresas do sector dos áridos en Galicia e por iso é unha voz recoñecida e autorizada para falar en representación do conxunto desta industria

Formación

O Plan de Formación de Arigal é específico para profesionais do sector dos áridos e beneficia cada ano a centos de traballadores e directivos das empresas asociadas

Información

As empresas pertencentes a Arigal están puntualmente informadas sobre as novas de actualidade que lles afectan e tamén sobre as disposicións e normas publicadas nos diferentes boletíns oficiais

Promoción

No marco das relacións públicas e institucionais, Arigal ocúpase de dar a coñecer os obxectivos e logros do propio colectivo e tamén das firmas asociadas

Xestión

Entre os cometidos da asociación figura a xestión de subvencións e achegas públicas que permitan desenvolver proxectos de interese para os asociados en áreas como o medio ambiente, a seguridade mineira, a formación, etc.

Asesoría

Arigal proporciona aos asociados asesoramento especializado, técnico, xurídico, fiscal, etc.

Innovación

Arigal lidera diversos proxectos de innovación orientados a modernizar o funcionamento das empresas asociadas para facelas máis eficaces e competitivas. Entre todos eles destaca Atrazex

Comunicación

Arigal conta cunha consultoría externa para xestionar a relación cos medios, a edición de publicacións, aspectos da comunicación interna, etc.

EMPRESAS ADHERIDAS

Entre as máis de 73 empresas que conforman a Asociación Galega de Áridos atópanse un total de 25 firmas procedentes de sectores auxiliares.

Coñece a nosa aplicación ATRAZEX

Unha solución tecnolóxica promovida por Arigal para reforzar o control e a seguridade na xestión dos explosivos

Esta ferramenta tecnolóxica permite cumprir toda a normativa, unha xestión eficiente dos explosivos e o control en tempo real dos stocks
A exitosa aplicación promovida por Arigal copa as explotacións galegas e segue a extenderse no resto de España
Caso de éxito
En menos de dous anos, esta aplicación tecnolóxica impulsada por Arigal pasou de ser unha demanda dos profesionais da minaría a converterse nun referente de innovación dentro do sector dos áridos a nivel nacional (emprégana xa máis de 440 canteiras de 17 comunidades autónomas).

VIDEO PROMOCIONAL

Unha alternativa propia en resposta á insuficiente oferta de sistemas de xestións existentes no mercado

A comezos de 2014, as canteiras atopáronse co problema de ter que controlar a trazabilidade dos explosivos sen que o mercado proporcionase ningún sistema de xestión suficientemente eficaz e cun prezo asequible

Implementación en canteiras piloto de Galicia e Cataluña desde marzo de 2015

A aplicación tecnolóxica promovida por Arigal desenvolveuse nun prazo récord e comezou a ser implantada no primeiro trimestre de 2015 tras diversas probas de campo e xornadas formativas

Unha solución utilizada por máis de 430 canteiras de 17 comunidades autónomas

Na actualidade, Atrazex é unha aplicación totalmente consolidada no sector dos áridos en Galicia e segue a extenderse no resto de España, onde alcanza xa as 430 empresas usuarias 

NOVAS RECENTES

OBRADOIROS ARIGAL

OBRADOIROS ARIGAL

OBRADOIRO 4 – INTELIXENCIA ARTIFICIAL NO SECTOR DOS ÁRIDOS DATOS DO OBRADOIRO DURACIÓN: 1 hora 30 minutos MODALIDADE: H...

HOJA DE RUTA PARA LA NEUTRALIDAD CLIMÁTICA EN LA INDUSTRIA DE LOS ÁRIDOS: ÁRIDOS SOSTENIBLES, INNOVADORES Y NEUTROS

HOJA DE RUTA PARA LA NEUTRALIDAD CLIMÁTICA EN LA INDUSTRIA DE LOS ÁRIDOS: ÁRIDOS...

Descarga la Publicación Completa UEPG | Hoja de Ruta sobre el cambio Climático.pdf Descarga Resumen 8 páginas UEPG Hoja...

VIII Xornada Técnica de Responsabilidade Social Empresarial no eido da Seguridad...

Santiago de Compstela 25 Outubro do 2022 PROGRAMA 10:30 Apertura da xornada.• Dna. Adela Quinzá-Torroja García - Xerente...

A minería sustentable si que se acorda de Santa Bárbara cando premia

A minería sustentable si que se acorda de Santa Bárbara cando premia

Na crise das materias primas, a comunidade ten 12 dos 30 minerais estratéxicos para a UEA Cámara Oficial Mineira de Gali...

Juan de Dios Martín, premiado en Santa Bárbara 2021

Juan de Dios Martín, premiado en Santa Bárbara 2021

O xurado da XIV edición dos Premios Santa Bárbara, tras a súa reunión do pasado 26 de novembro, comunicou que os galardo...

O QUE DIN DE ARIGAL

Esta é unha pequena escolma de opinións sobre Arigal manifestadas por diferentes representantes públicos e/ou profesionais relacionados co labor e as actividades da asociación:
Como organización sectorial, Arigal comeza a ser un referente para as empresas na utilización do galego nas súas distintas ferramentas de comunicación, que é un dos obxectivos que perseguimos co Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico 2015-2020
Valentín GarcíaValentín García Secretario xeral de Política Lingüística

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal