CARTOGALICIA é unha empresa que conta cunha oferta integral de servizos relacionados coa topografía, fotogrametría, láser escáner, metroloxía e batimetrías. Ademais, foron pioneiros na incorporación de sistemas aéreos e marítimos non tripulados, acumulando máis de 10 anos traballando cos devanditos sistemas, ofrecendo tanto servizos de voos como de procesado de datos e restitución.Estes vos poden levar a cabo con diferentes sensores: LIDAR, RGB, multiespectrales, IR, ou a combinación de varios dos anteriores.
Algúns dos seus clientes son IDOM, INSTRA, ENCE, ASEFOR, IBERDROLA, entre outros. Os traballos desempeñados van desde a captura da información ata o procesado dos resultados que o cliente necesite en cada tipo de proxecto. Un exemplo son os traballos de cubicación realizados semanalmente para ENCE, sobrevoando 3 provisións para cubicar a cantidade de serrín (da orde de 40.000 m3 por provisión), ademais do cálculo dos troncos que teñen amontoados por métodos fotogramétricos.
Picando nesta ligazón podes descargarche un breve catálogo de servizos.
Debido aos acordos de confidencialidade cliente - empresa, non poden compartir resultados nin informes dos seus traballos, pero como o movemento demóstrase andando, ofrecéronnos unha xornada de voos demo onde empregarán o seu Lidar e sensores fotogramétricos para obter medicións, ortoimágenes e calquera outro tipo de resultados.
Os datos de contacto son:
Cartogalicia, SL, Pol. Ind. Novo Milladoiro Rúa Oliveira Nave 96 15895 Milladoiro – Ames (A Coruña)
CEO: Marcos López Sánchez – 610 775 766 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Responsable de oficina técnica: Javier Menéndez Rodríguez. – 605 891 569 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
VISÍTA A NOSA WEB: www.cartogalicia.com