• Substitúe a José Lista, presidente desde 2017, e novo vicepresidente segundo.
• A Asemblea Xeral Extraordinaria decidiu unha renovación parcial da súa directiva.
A Asociación Galega de Áridos (Arigal), reunida de maneira virtual en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 1 de decembro, decidiu unha renovación da súa directiva que, reunida posteriormente en Xunta Directiva Extraordinaria, nomeou a Alberto Novoa como novo presidente.
O novo presidente terá na súa directiva a Andrés Lago como vicepresidente primeiro e a José Lista, que pasa a ser vicepresidente segundo. A renovación da xunta directiva complétase coa entrada de Alberto Martín Calvarro, César Lorente y Fernando Mallo, como novos vogais.
Alberto Novoa Rodríguez, que representa a Graveras Castro, conta cunha dilatada experiencia no exercicio da abogacía durante máis de 20 años e no asesoramento e xestión de sociedades mineiras de áridos na provincia de Ourense, sendo a súa empresa, membro fundador da asociación que agora preside.
O novo presidente explicou na Xunta Directiva que accede ao cargo, “cunha enorme ilusión por levar ao sector do árido de Galicia onde merece, por loitar pola defensa dos seus intereses e por axilizar os trámites na administración mineira”. Novoa expresou o seu agradecemento ao presidente sainte pola súa implicación en Arigal. José Lista, foi presidente de Arigal entre 2011 y 2014, e entre 2017 e 2020.
Composición da directiva de Arigal:
Alberto Novoa Rodríguez | Presidente | Graveras Castro, SL |
Andres Lago Herrero | Vicepresidente 1º | Prebetong Áridos, SA |
José Lista Tasende | Vicepresidente 2º | Lista Granit, SA |
Roberto Almuiña Díaz | Secretario | Cuarzos Industriales, SA |
José Antonio Valencia González | Tesoreiro | Erimsa |
Alberto Martín Calvarro | Vogal | General de Hormigones, SA |
César Lorente Fuentes | Vogal | Francisco Gómez y Cía, SL |
Fernando Mallo Fernández | Vogal | Actividades Mineras La Xinde, SL |
Marcos A.Vázquez Zas | Vogal | Canarga, SL |
Uxío Batán Amorín | Vogal | Canteras del Arenal, SL |
Juan Luis Cano Dequit | Vogal | Excansa |
O evento foi clausurado pola nova Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, Dona Paula Uría Traba. Na súa intervención salientou a necesidade de seguir impulsando unha minería autoctona e sostible, trasladando a vontade da Xunta de seguir traballando para a recuperación do sector cunha tramitación máis áxil e coordinada.