O sector dos áridos instalará 40 puntos de rescate nas súas canteiras e graveiras, con desfibriladores semiautomáticos para protexer a máis de 1.500 traballadores
Durante os meses de outubro e novembro de 2019 Arigal instalará 40 puntos de rescate nos seus centros extractivos para convertelos en Espazos Cardioprotexidos. Cada punto inclúe un desfibrilador semiautomático, os elementos necesarios para unha reanimación e a formación dos traballadores dos centros extractivos onde se instale.
Un Espazo Cardioprotegido é aquel que conta con desfibriladores externos semiautomáticos de fácil acceso para os primeiros intervenientes, para lograr a desfibrilación antes de que transcorra o tempo máximo recomendable desde que ocorre o paro cardíaco.
A iniciativa de Arigal ten a finalidade de converter en Espazos Cardioprotexidos os centros de traballo dos áridos, formar ós seus traballadores, así como concienciar a todo o sector mineiro, traballadores, directivos e sociedade en xeral da saúde cardiovascular.
Segundo os últimos estudios no eido mineiro galego, e máis concretamente no sector dos áridos, o 15% dos máis de 3.000 traballadores directos e indirectos teñen unha idade de máis de 55 anos. Este é un factor de risco importante nos accidentes cardiovasculares, a principal causa de morte en todo o mundo segundo a Organización Mundial da Saúde.
Ata agora só sete centros de traballo do sector dos áridos galegos dispoñen deste tipo de equipos. Todos nas empresas de maior tamaño, con políticas de seguridade implantadas, tales coma OSHAS, ou a nova ISO 45001. Con esta iniciativa Arigal pretende transferir a experiencia destes centros de grandes empresas, a o resto dos centros de traballo do sector, formado fundamentalmente por Pemes.
Compromiso coa seguridade laboral. Arigal continúa coa sua liña de millora das condicions de traballo e saude dos traballadores, desenvolvendo unha segunda campaña de implementación de políticas de cero accidentes no sector, así como a colocación de grandes carteis de exterior para promover esta política e a formación de equipos de xestión e persoal técnico para lograr o obxectivo.
Qué é Arigal. A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1999 que agrupa a aquelas empresas galegas que desempeñan a súa actividade dentro do sector dos áridos, e que se dedican á transformación industrial, fabricación e comercialización de áridos. Arigal conta actualmente con 50 empresas asociadas, representando máis do 94% do sector, e 28 adheridas. Entre todas teñen en funcionamento 70 canteiras e graveiras distribuídas de forma uniforme nas catro provincias, xa que están presentes en máis de 90 concellos de Galicia.