ESTUDO DO IMPACTO DEL COVID-19 NO SECTOR DOS ÁRIDOS - 3ª Enquisa de diagnose

ESTUDO DO IMPACTO DEL COVID-19 NO SECTOR DOS ÁRIDOS - 3ª Enquisa de diagnose

Extracto do informe de resultados terceira enquisa de evolución do sector dos áridos, que recolle as opinións de 179 empresas, sobre a situación entre o 5 e ol 26 de maio:

- Novamente, case 180 empresas colaboraron, 18 delas galegas (só un 36% do total do sector galego)

- Escasas diferenzas entre CCAA

- Saúde: Redución da incidencia do  COVID-19, no sector
              - A incidencia da  COVID-19 entre traballadores reduciuse, do 8,97% de empresas con algún traballador infectado na primeira enquisa de fai máis dun mes, ao 0,98%. E pasouse de 0,52% empresas con casos de contaxio entre traballadores naquela enquisa, a 0% no último cuestionario.
              - Tamén se observa un incremento das empresas onde os traballadores de risco (segundo o Ministerio de Sanidade) están a poder acudir ao posto de traballo por decisións do Servizo de Prevención, pasando do 36,8% das empresas ao 17,53% na última enquisa. Obsérvase un certo estancamento.

- Caída da actividade: Lixeira melloría pero con perspectivas negativas
               - A caída de actividade media declarada polas empresas é do -38,69% nas últimas semanas.
               - Redución da actividade ao 53% (1 er período), 28,5% (2º período), pequena recuperación ao 45,1% (3 er período), lixeiro incremento ao 49,9% (4º período). Nos últimos 21 días recuperouse lixeiramente ao 61,3%. Prodúcese unha importante melloría de +8,17% respecto ao primeiro período.
               - Espérase que a facturación se reduza un -32,4% de media, cunha lixeira melloría de 6,9  pp, respecto ao período anterior.
               - A caída de vendas para o ano será do -34,6%. A perspectiva mellorou case 7  pp.
               - O nivel de novas ofertas é moi baixo (3,81/10), pero mellorou algo no último período, estando no -58% por baixo do normal, o que sigo augurando un parón diferido da actividade, se non se adoptan medidas dinamizadoras da construción.

 - Viabilidade das empresas: a opinión é algo máis optimista, aínda que negativa
               - En media, as empresas consideran que os seus problemas seguen diminuíndo en importancia, apuntando a unha progresiva (pero lenta) normalización da actividade. Destacan a incerteza, o desabastecemento de  EPIs e a paralización de obras, como principais problemas.
               - A estratexia comercial, os cocientes de liquidez e tesourería, a xestión de persoas, a comunicación e os impagados son as áreas máis afectadas.
               - Aos poucos, as perspectivas das empresas, van mellorando, aínda que seguen sendo moi negativas:
                            No 43,6% dos casos, as empresas consideran que o persoal diminuirá.
                            No 47,5% dos casos, as empresas non ve comprometida a súa viabilidade. O 9,9% si e o 42,6% non o sabe. A opinión é lixeiramente máis optimista.
                            O 70,3% non considera que deba recorrer ao concurso de acredores, o 29,7% non o sabe e o 0% considera que deberá facelo. Igualmente, a perspectiva é algo mellor.

          Descarga o informe

 

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 77 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.