UN EQUIPO DIRECTIVO CON EXPERIENCIA

 

INTEGRADO POR ONCE EMPRESARIOS

O goberno da Asociación Galega de Áridos correspóndelle á Asemblea Xeral -órgano composto pola totalidade dos membros-, á Xunta Directiva e ao presidente da mesma, segundo se recolle nos artigos 23 e 24 dos Estatutos de Arigal.

A Xunta Directiva está formada por 11 integrantes elixidos pola Asemblea Xeral e son eles os que deciden os cargos, nomeadamente a presidencia, as vicepresidencias, a secretaría e a tesourería, ocupando o resto dos directivos as vogalías. Ademais, o equipo reitor apóiase para o desenvolvemento das súas funcións nun Comité de Relacións Institucionais e nun Comité Técnico, así como na figura do director executivo, que na actualidade correspóndelle a Carlos Martínez Torres. Dende Decembro do 2020 a Xunta Directiva está presidida por Alberto Novoa Rodríguez da empresa Graveras Castro, S.L., que tomou o testemuño de José Lista Tasende, da empresa Lista Granit S.A., que desempeña funcións de Vicepresidente 2º.
Alberto Novoa RodríguezPresidente
Graveras Castro, S.L.
Andrés Lago HerreroVicepresidente 1º
Prebetong Lugo, S.A.
Manuel Cortés López
Canteras el Pozo, S.L.
Roberto Almuiña DíazSecretario
Cuarzos Industriales, S.A.
José Antonio Valencia GonzálezTesoureiro
Explotación de Riocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa)
Juan Luis Cano DequitVogal
Explotación de Canteras del Noroeste, S.A. (Excansa)
Alberto Martín CalvarroVogal
General de Hormigones, S.A.
César Lorente FuentesVogal
Francisco Gómez y Cía, S.L..
Fernando Mallo FernándezVogal
Actividades Mineras La Xinde, SL
Uxío Batán AmorínVogal
Canteras del Arenal, S.L.
Marcos A. Vázquez ZasVogal
Canarga, S.L.

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2019 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 51,2 millóns de euros.