A Camara Oficial Mineira de Galicia celebra á xornada técnica Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego, que promove conxuntamente co Clúster da Pizarra, o Clúster do Granito e a Asociación Galega de Áridos.
A xornada desenvolverase o vindeiro mércores 25 de outubro, a partir das 10:30 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas, 1) e nela diversos representantes procedentes do ámbito académico, empresarial e institucional debaterán sobre o futuro do sector mineiro e sobre o impacto que nel terá a Lei de Implantación Empresarial de Galicia.
10:30 Acto de apertura da xornada técnica co director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces.
10:45 Conferencia do catedrático da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Javier Taboada Castro.
11:15 Mesa redonda na que responsables municipais de tres concellos galegos onde a minería ten unha importante presenza analizarán
a influencia do sector nas súas comarcas.
12:00 Pausa-café
12:30 Conferencia do catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, Luis Míguez Macho.
13:00 Clausura da xornada técnica.
Pregámoslle confirmación no número de teléfono 881 896 542 antes do vindeiro 25 de outubro.
Empeza a conta atrás para o V Congreso Nacional de Áridos que, nesta ocasión, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela, os días 24, 25 e 26 de outubro de 2018.
Coa celebración da primeira reunión dos comités organizador e científico, o pasado 29 de setembro, cuxa presidencia ostentan, o presidente da FDA, José Lista Tasende, e o director da ETSI de Minas e Enerxía de Madrid, José Luis Parra Alfaro, establecéronse as bases organizativas e de contidos (páxina web, plataforma en liña, etc.) para que todas aquelas persoas que estean interesadas tanto en asistir como en presentar a correspondente comunicación poidan acceder a toda a información.
Como noutras ocasións, no marco do V Congreso, simultaneamente, terá lugar unha exposición comercial aberta a cantas empresas queiran mostrar as súas realizacións, contribuíndo á difusión das súas tecnoloxías e capacidades.
Está prevista unha exposición comercial cuns 45 expositores, ademais dun espazo exterior para a exposición de maquinaria.
Ata a data, xa están reservados 14 casetas, dúas deles con maquinaria no exterior. De entre todas elas destacan varios membros de ARIGAL, como Maxam, e outras que colaboran puntualmente, como Weir, Produtiva e Metso.
Antes de final de 2017, terá lugar a rolda de prensa de presentación do Congreso.
PROGRAMA
10.00 RECEPCIÓN ASISTENTES
10.15 APERTURA DA XORNADA
Secretaria Xeral de Emprego | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Dirección Xeral de Enerxía e Minas | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
D. José Lista Tasende | PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ÁRIDOS (ARIGAL)
10.30 INICIO DA XORNADA
TENDENCIAS NORMATIVAS EUROPEAS NO EIDO DA SÍLICE CRISTALINA
D. César Luaces Frades | Director Xeral de COMINROC e Presidente do Health Safety Comitee da UEPG
NOVIDADES LEGAIS DO PÓ DE SÍLICE CRISTALINA
D. Julio César Valle Feijóo | Asexor Xurídico de ARIGAL
VIXILANCIA DA SAÚDE NA EXPOSICIÓN Á PÓ DE SÍLICE
D. Alfons Dolcet García | Especialista en Medicina do traballo, IBERSYS
COLOQUIO
11.45 PAUSA - CAFÉ
12.15 CONTINUACIÓN DA XORNADA
PRESENTACIÓN DA GUÍA EMPRESARIAL “O PÓ DE SÍLICE CRISTALINA”
D. Javier González Paz | ESMIN INGENIERIA, S.L.
“NEPSI”, UNHA FERRAMENTA IMPRESCINDIBLE
D. Juan Carlos Pereira Fernández | Xefe do departamento de Seguridade e Saúde de España e Portugal, SIBELCO
COLOQUIO
13.30 CLAUSURA DA XORNADA
Diptico da Xornada
- Arigal, a Asociación Galega de Áridos reuniu ó sector nunha xornada técnica en Santiago de Compostela.
- Os diferentes axentes que interveñen en caso de accidente, definiron o marxen de millosa na actuacións.
Máis de 70 empresarios, técnicos e personal da adminsitración reunirónse esta mañá no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, na quinta xornada de responsabilidade Empresarial no eido da Seguridade e sáude no sector dos áridos.
Nesta xornada, que vense desenvolvendo de forma anual, con diferentes temáticas sempre relacionadas con responsabilidade empresarial na Seguridade no traballo, nesta occasion , tódolos axentes que interveñen na investigación e tramitación dos accidentes laborais, definiron as milloras que se poden desenvolver, unha ocurrido o accidente.
Deste xeito, nunha primerira mesa de debate, Don Diego López, director da Camara Oficial Mineira de Galicia expuxo onde fallan as estatísticas mineirase como poderían optimizarse. Asemade, nesta mesa, o personal do ISSGA detallou a súa labor de investigacion dos accidentes, na procura dun accidente tipo.
Xa na segunda mesa, o fiscal de siniestralidade de Galicia, Don Luis Anguita Juega, xunto con membros dos diferentes corpos de seguridade do estado, Policia Nacional e Guardia Civil, desgranaron, en base a súa experiencia, os aspect máis salientables dos protocolos de actuación en caso de accidente laboral, asi coma os aspectos onde debese aumentar o interés, de xeito que, igual que se procura a millora continua nas condicións de traballo dos traballadores, tamén se miniminicen os efectos posteriors o accidente no personal da empresa, tento técnicos, coma administradores.
Esta xornada, desenvolvida coa axuda da Xunta de Galicia, enmárcase nas continuas accións desenvolvidas por Arigal, posto que a pesares de ter marcado o obxevtivo cero accidentes no sector, tamén son conscientes da necesidade de minimizer os efectos dos accidentes, que se ben téntanse evitar, as veces ocorren.
Esta xornada, desenvolvida coa axuda da Xunta de Galicia, enmárcase nas continuas accións desenvolvidas por Arigal, posto que a pesares de ter marcado o obxevtivo cero accidentes no sector, tamén son conscientes da necesidade de minimizer os efectos dos accidentes, que se ben téntanse evitar, as veces ocorren.
Dentro das acción do presente exercicio, tamén destaca a celebración a final do mes de outubor doutra xornada técnica relative as novidades do po da silice cristalina, así como a presentación sunha Guía Práctica da Slice ante as inminentes novidades lexislativas que veñen da Comisión Europea.
PROGRAMA
10.00 RECEPCIÓN DE ASISTENTES
10.15 APERTURA DA XORNADA
DNA. COVADONGATOCA CARÚS
| Secretaria Geneeral de Empleo, CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
D. JOSÉ LISTA TASENDE
| Presidente, ASOCIACIÓN GALEGA DE ÁRIDOS (ARIGAL)
10.30 INICIO DA XORNADA
Estadísticas de siniestralidad Minera, ¿Qué falla?
D. DIEGO LÓPEZ GONZÁLEZ
| Director Cámara Oficial Mineira de Galicia
Comunicación de accidentes no marco da ITC 03.1.01.
D. JUAN JOSÉ IGLESIAS SUÁREZ
| Jefe del Servicio de Minas de Coruña, CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Actuacións do Issga en prol da SST no sector.
D. JOSÉ REGA PIÑEIRO
| Jefe del centro ISSGA de Coruña.
Coloquio.
11.45 PAUSA – CAFÉ
12.15 CONTINUACIÓN DA XORNADA
Protocolos en caso de accidente laboral.
D. LUIS ANGUITA JUEGA
| Fiscal de Siniestralidad de Galicia
D. JESÚS MANUEL PONTE PINTOR
| Jefe de la Policía Judicial de Galicia, Guardia Civil
D. CARLOS TEMPRANO MÉNDEZ
| Inspector Jefe dE la Policía Judicial, Policía Nacional de Coruña
Coloquio. Moderador.
D. JULIO CÉSAR VALLE FEIJOO,
| Asesor xurídico de Arigal
13.30 CLAUSURA DA XORNADA
Con motivo do Día Mundial da Desertificación, celebrado o pasado 17 de xuño, visitamos dous exemplos de restauración medioambiental en Galicia, que previamente foran explotacións mineiras. Na práctica, o proceso de desertificación non fai referencia ao avance dos desertos existentes, senón á vulnerabilidade dos ecosistemas de zonas secas.
Unha das principais características do sector dos áridos está relacionada coas limitacións que existen no transporte da materia prima, que se adoita producir a non máis de 60 km dos centros de consumo para optimizar os custos e tamén reducir o impacto ambiental da súa actividade.
O pasado 4 de marzo entrou en vigor o novo Regulamento de Explosivos, aprobado no Real Decreto 130/2017, unha normativa sobre a que xa se organizaron numerosas xornadas informativas por toda a xeografía española, algunhas das cales contou coa participación de Arigal.
A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organizou o mércores 21 de xuño ás 18:30 horas no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela a presentación da Unidade Didáctica Xeoloxía de Galicia, de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía. Xunto con el, asistiron á presentación a vicepresidenta da Asociación de Amigos do MHN e directora do mesmo, María Isabel Fraga Vila, o director de Cuarzos Industriales e Ramsa, Rafael Fuentes e o director do proxecto, Roberto Almuíña.
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 77 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.