Iniciativa para a simplificación administrativa e axilización da economía

Iniciativa para a simplificación administrativa e axilización da economía

Con motivo das accións para dinamizar a economía, diversas Comunidades Autónomas están a aprobar e publicando nos seus Boletíns Oficiais, distintas medidas para a simplificación Administrativa e a axilización da economía, de ámbito transversal.

Este é un asunto de longo percorrido, no que leva traballando intensamente desde as Asociacións empresariais de todos os ámbitos, pero no que os avances sempre foron poucos e difíciles, dada a inercia hiperreguladora e intervencionista de moitas disposicións legais que abocaron a que moitas Administracións logo non dispuxesen de recursos suficientes para cumprir os seus propios prazos e procedementos.

No ano 2019, a través do Comité Xurídico de COMINROC, empezáronse a preparar unhas propostas de mellora e modernización de procedementos que se están terminando de integrar nun informe que servirá como propostas ás 17 Direccións Xerais competentes en minería e á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do MiTERD.

Entre as propostas de reforma lexislativa e axilización de trámites nas que se está traballando, destacan:

  • Obrigación de emisión de informes sectoriais no prazo fixado Implementación do principio: “un único informe – un único trámite de información pública”
  • Implementación da figura do silencio administrativo positivo dunha vez e de maneira real e efectiva.
  • Substitución de licenzas municipais/ambientais por declaración responsable.
  • Eliminación do trámite de cualificación urbanística.
  • Proposta de procedemento para a solicitude de prórrogas da sección C).
  • Proposta de procedemento de reclasificación da sección A) a C).
  • Concurso automático de dereitos mineiro.
  • Axilización de trámites de revisión do PREN
  • Renovación automática de autorizacións de tránsito por vía pecuaria.
  • Adaptación da normativa de seguridade mineira aos principios da unidade de mercado, a boa regulación e competencia.
  • Supresión/ inaplicación da ITC de voaduras especiais e dos seus requirimentos.
  • Supresión/ inaplicación do art 117 nos seus tres primeiros apartados e do artigo 5 da 07.1.03 «Desenvolvemento de labores»
  • Supresión/ inaplicación de itinerarios formativos e, das Especificacións Técnicas de desenvolvemento.
  • Supresión/ inaplicación da autorización das sondaxes de geotermia Substitución do actual sistema de garantías financeiras (avais) de restauración das explotacións mineiras.
 

 

 

 

 

 

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2019 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 51,2 millóns de euros.