EN GALICIA CONSÚMENSE TRES TONELADAS DE ÁRIDOS POR HABITANTE, DOUS MENOS QUE NO  RESTO DE EUROPA

EN GALICIA CONSÚMENSE TRES TONELADAS DE ÁRIDOS POR HABITANTE, DOUS MENOS QUE NO RESTO DE EUROPA

 - Por cada 50.000 galegos é necesaria unha canteira. 

 - En 2018 a produción de áridos galegos creceu nun millón de toneladas, indicativo do aumento de investimento en infraestrutura e obra pública.

A Asociación  Galega de Áridos (Arigal) celebrou este venres a súa Asemblea Xeral no Auditorio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. Durante o acto presentouse a memoria de actividades de ARIGAL 2018, que reflicte as cifras máis recentes deste sector que proveé á sociedade do segundo recurso máis consumido do mundo –só por detrás da auga- e cuxa produción é un indicador do desenvolvemento de Galicia.
No encontro, ao que acudiron representantes de 80 empresas galegas da industria dos áridos, participaron César  Luaces, o director xeral de ANEFA (Asociación Nacional de Empresarios Fabricantes de Áridos); José Lista, presidente de Arigal; Ethel Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia; e Carlos Martínez, director de Arigal.

Martínez comezou a súa intervención destacando o aumento de produción de áridos en Galicia en 2018 con 9,60 millóns de toneladas, case un millón de toneladas máis que o ano anterior. Esta lixeira subida é un indicativo do aumento de investimento en infraestruturas e en obra pública, un dato en que o que tamén incidiu José Lista: “O árido é a base da construción de hospitais, portos, estruturas ferroviarias”. Lista tamén explicou a importancia dos áridos para unha transición ecolóxica efectiva: “As novas enerxías demandan novas infraestruturas creadas con áridos, como os muíños eólicos”.


A produción de áridos responde a unha demanda da sociedade, aspecto no que aínda nos atopamos á cola de Europa, onde a media do consumo de áridos por habitante é de 5 toneladas ao ano, mentres que en Galicia é de só 3 toneladas. A pesar de que a media galega está por encima da nacional, Martínez estima que estes datos son insuficientes: “Temos que ser Europa” e explicou que a Administración tamén ha de colaborar axilizando os procesos: “Non é normal que os trámites en materia de minas esténdanse ata 7 anos”.

Os relatores tamén sinalaron a necesidade de dar a coñecer o sector galego dos áridos ao resto do mundo, un obxectivo no que  Arigal está a traballar conxuntamente co Igape  mediante a creación dun catálogo de áridos galegos en catro idiomas para aumentar as exportacións internacionais deste produto que xa ocupa un lugar destacado dentro do tráfico portuario de Galicia desde 2017.

Este exercicio de comunicación tamén é necesario cos propios galegos, así José Lista explicou que aínda que por cada 50.000 galegos é necesaria unha canteira, a maioría da xente descoñece o traballo que leva a cabo nelas: “Este ano foi importante a creación da plataforma Minaría Sostible, para  transparentar e dar a coñecer un sector fundamental para a sociedade. Trátase dunha marca que non só representa aos empresarios senón tamén aos traballadores e ás universidades”, indicou. Esta plataforma responde as necesidades de promover as boas prácticas da industria extractiva, unha industria que a Comisión Europea considera completamente compatible coa Rede Natura 2000. 

Pola súa banda, Luaces destacou o éxito do V Congreso Nacional de Áridos, celebrado o ano pasado en Santiago, que tivo récord de asistencia e que constitúe un altavoz non só español, senón tamén internacional.


 

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 80 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal