Arranca a campaña “Obxectivo cero accidentes”

Arranca a campaña “Obxectivo cero accidentes”

A Asociación Galega de Áridos- ARIGAL, ven de poñer en marcha a campaña “Obxectivo cero accidentes” que se está a levar a cabo  nas máis de 50 empresas que pertencen a ARIGAL.

Esta campaña desenvolvese dentro do marco das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para impulsar a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, a transferencia de coñecemento, o aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, a Investigación e innovación no seu aproveitamento, así como a divulgación e promoción do devandito sector.

Esta campaña contempla a elaboración dun manual de axuda para a implantación de políticas de “cero accidentes”, así como asesoramento, e a colocación de carteis recordatorios da importancia na prevención no posto de traballo.

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 60 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 70 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal